Máis de 60 apicultores galegos analizan en Trasmiras os retos do sector

Máis de 60 apicultores galegos analizan en Trasmiras os retos do sector

Asistentes á xornada organizada por Apilarouco

Máis de 60 apicultores e apicultoras de toda Galicia déronse cita este sábado na localidade ourensá de Trasmiras para analizar como protexer as súas colmenares fronte á Vespa velutina, unha especie exótica invasora que tamén están a chegar ao oriente da provincia de Ourense.

A xornada foi organizada por Apilarouco, unha sociedade apícola formada por Jose Bailón e David Lorenzo , e celebrouse no local social de Trasmiras, centrándose este ano na fabricación de arpas eléctricas contra a avispa asiática. Estivo precedida dunha comida no restaurante “Casa César”, en Viladerrei (Trasmiras), co obxectivo de crear lazos colaborativos entre os apicultores galegos e promover relacións comerciais no sector.

“A xornada foi de gran utilidade para intercambiar experiencias entre os apicultores para mellorar as arpas eléctricas como sistema de protección das colmeas fronte á Vespa Velutina, xa que carecemos de plan oficial de loita e as medidas oficiais de loita contra a velutina non son suficientes, deixándonos expostos a un problema que mingua en gran medida as colleitas de mel ano tras ano”, explica José Bailón.

Outros motivos de preocupación no sector e que se trataron neste encontro foron a menor eficacia dos medicamentos contra a praga do ácaro Varroa, o cambio climático, e o problema do mel importado de China.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información