Guía para a venda directa de mel

Guía para a venda directa de mel

Venda directa de mel nun mercado.

O día 20 de outubro de 2014 entrou en vigor o Decreto polo que se regulan en Galicia as condicións de venda directa dos produtos primarios desde as explotacións ao consumidor final. Explicamos como afecta ao mel.

Como afecta este decreto á comercialización do mel?
Imos darlle resposta a estas preguntas baseándonos na guía publicada pola Agrupación Apícola de Galicia.

Como se pode vender o mel?
Segundo a nova normativa da Xunta existen dúas posibilidades de produción e comercialización do mel:

1. Produción primaria. Cando sexa o propio apicultor o que:
– recolle o mel.
– o envasa nas súas propias instalacións.
– e o subministre directamente ao consumidor final ou a pequenos
comercios de venda polo miúdo (inclúense os establecementos de
restauración) para o abastecemento ao consumidor final no ámbito
da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste caso non necesitaría rexistro sanitario.

2. Non produción primaria. Cando o apicultor:
– sexa o provedor doutro operador que envasa mel nun establecemento
de envasado.
– merque mel a outros apicultores.
– venda o seu mel fora de Galicia.

Neste caso o apicultor necesitaría rexistro sanitario para comercializar o mel.

Canta cantidade se pode vender directamente ao consumidor?
Cantidades máximas autorizadas dende outubro pasado para produción primaria, para a venda directa, por produtor e a ano son:

Mel 3000 kg
Pole 450 kg
Própole 30 kg
Xelea real 10 kg

Hai que etiquetar o mel? Que información ten que levar a etiqueta?
Se o mel se vende In situ, na explotación produtora, non será preciso a etiqueta de información alimentaria.

Pola contra, se se venda en feiras e mercados locais, directamente polos titulares da explotación ou parentes en primeiro grao que colaboren na actividade agraria, ou se se vende directamente en establecementos de venda polo miúdo ao consumidor final, sen intermediarios, si que é necesaria a etiqueta.

Neste caso, a etiqueta deberá levar obrigatoriamente a seguinte información:

1. Denominación de venda: mel de flores, de néctar, de melada..etc.
2. País de orixe: Onde o mel foi recolectado.
3. Cantidade neta:
4. Data de duración mínima: Consumir preferentemente antes do fin de + ano. Ou Consumidor preferentemente antes do + días, mes e ano.
5. Identificación da empresa: Datos do responsable do produto. É dicir: nome do titular da explotación, número de REAGA e o enderezo da explotación.
6. Lote: Cando a data de duración mínima indique o día e o mes, non é necesaria a información de lote. Do contrario, a información de lote será necesaria e irá precedida da letra L, a non ser que se distinga claramente do resto da información da etiquetaxe.

Que documentación se precisa para a venda directa de mel?
– Estar inscrita a explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA).

– Estar inscrita no Rexistro de Explotacións acollidas á venda directa
(REVEDI), deberase solicitar perante o xefe territorial da Consellería de Medio Rural (cubrindo o modelo de solicitude
específico).

– Deben ter un caderno cos contidos: produto, cantidade, data e lugar de
venda. No caso de venda a establecementos de venda polo miúdo
deixarase constancia da identificación do establecemento.

– Esixiráselle o seguimento dunha Guía de Boas Prácticas e deberán
poder acreditalo.

Podes descargar a guía completa nesta ligazón. 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información