Europa frea o etiquetado obrigatorio da orixe do mel

A Comisión Europea rexeita o proxecto que pedía especificar os países de procedencia do mel e a porcentaxe. Cooperativas Agro-Alimentarias reprocha que o etiquetado actual confunde ó consumidor e reclámalle ó Ministerio unha marca para o mel de España

Publicidade
Europa frea o etiquetado obrigatorio da orixe do mel

Distintos tipos de mel.

A Comisión Europea acaba de emitir un ditame negativo sobre o proxecto que pretendía facer obrigatorio a identificación dos países de orixe do mel e a porcentaxe que cada un deles representa no mel envasado. Este proxecto pretendía modificar o Real Decreto 1049/2003 referido á calidade do mel.

A actual normativa permite utilizar a denominación ‘mestura de meles procedentes da UE e de meles non procedentes da UE’ sen especificar nin os países nin a porcentaxe de cada un deles. Isto dá lugar a que se permita que se indique mel europeo e español en envases que conteñen cantidades insignificantes dos meles españois. Unha situación que, como denuncia Cooperativas Agro-alimentarias: “confunde gravemente ao consumidor ao non permitirlle realizar unha compra real e suficientemente informada”, reprocha.

A única posibilidade que ofrece Europa é indicar a listaxe de países coa orde que o envasador decida

Por iso, o sector apícola solicitoulle ao Ministerio a necesidade de implementar unha etiquetaxe da orixe do mel máis clara e útil para os consumidores. O Ministerio propuxo incluír a relación de países de orixe en sentido descendente e a incorporación da porcentaxe de cada un deles. España é o principal produtor da Unión Europea, e este paso adiante situaba ós produtores españois á cabeza en información e transparencia sobre a orixe do mel que se consume.

Porén, o ditame publicado pola Comisión impide desenvolver unha normativa que especifique a porcentaxe de cada orixe e tampouco obriga a que a listaxe de países se faga en orde á porcentaxe de mel que contén. A única posibilidade que ofrece é indicar a listaxe de países coa orde que o envasador decida. Deste xeito, un mel cun 1% de mel español e un 99% de mel china podería ser etiquetada como ‘Orixe: España China’.

Esta posibilidade, tal e como critica Cooperativas Agro-alimentarias de España, empeora a situación actual, xa que causa máis confusión na etiquetaxe e supón un grave prexuízo para o mel español, producido baixo os estándares de calidade do modelo europeo.

‘Mel de Orixe: España’

Cooperativas Agro-alimentarias de España trasladoulle ao Ministerio a súa oposición a que se tomen iniciativas ‘de mínimos’ e ‘parches’ que lonxe de liquidar a situación empeórana. Por iso, o colectivo propuxo que se traballe no desenvolvemento e promoción dunha etiquetaxe que contemple a identificación de ‘Mel de Orixe: España’.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información