Este venres comeza en Vilagarcía a feira Apisalnés, a gran mostra de produtos das abellas

Os amantes dos produtos da colmea terán unha oportunidade de disfrutar dos manxares que ofrecen as abellas e aprender sobre os seus beneficios e propiedades, tanto culinarias como medicinais.  A cita será en Apisalnés dende mañá venres e ata o domingo, 14 de outubro, na Praza da Peixaría de Vilagarcía de Arousa, onde a Delegación da Asociación Galega de Apicultura no Salnés en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa organizan esta mostra dos produtos apícolas, na que tamén se desenvolverá un completo programa de charlas e actividades para todos os públicos.

Así, o programa inclúe charlas sobre apiterapia, a cargo dos apiterapeutas José Castro e Leonor Varela, que explicarán cales son os beneficios para a saúde que ofrece a apitoxina, o veneno das abellas, e os demais produtos da colmea. A través de catas, degustacións e obradoiros, os visitantes poderán disfrutar dos variados tipos de mel e descubrir como se realiza a esmelga, proceso de extracción do mel da colmea.

Tamén os apicultores e apicultoras que se acheguen poderán aproveitar a ocasión para formarse e actualizar coñecementos, xa que diferentes expertos ofrecerán interesantes charlas durante os tres días que dura a feira.  Así por exemplo o veterinario de AGA Gonzalo Calvo falará sobre como mellorar a saúde das colmeas e Fernando Cores, experto en Vespa velutina, traerá información sobre como protexer as colmeas contra este gran inimigo das abellas.

Ademais, haberá tempo para analizar e reflexionar sobre a situación actual da apicultura, cunha charla de Xosé Torres, presidente de AGA, titulada “Perspectivas da apicultura en Galicia, a loita pola supervivencia das abellas”.

Programa:

Programa Apisalnes 2018

Listado de expositores:

EXPOSITORES Apisalnes 2018

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información