A Deputación de Lugo pide á Xunta que declare praga a Vespa velutina

A Deputación de Lugo pide á Xunta que declare praga a Vespa velutina

Vespa Velutina atacando ás abellas

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes a proposta do Goberno Provincial de pedir á Xunta de Galicia a declaración de praga da vespa velutina, medios económicos profesionais para combatela e o financiamento dunha campaña de trampeo masivo de raínas.

Ademais, a Deputación de Lugo pídelle ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que proceda a revisar e actualizar o protocolo de 2015 que leva por nome “Estratexia de Xestión, Control e posible erradicación do Avispón Asiático ou vespa negra”; e ás institucións Europeas a urxencia de abordar este asunto para definir unha estratexia comunitaria. O acordo foi adoptado sen o apoio dos 12 Deputados do PP ao considerar que non é necesario que o Goberno galego declare a vespa velutina como unha praga, comparando expansión ou os efectos deste especie coa da carracha.

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, explicou que “a provincia sufre a vespa velutina dende o ano 2013 e a Xunta de Galicia, que é a administración coas competencias en medio ambiente na Comunidade, non fixo practicamente nada, deixando que Concellos e veciños lle fixesen fronte como puidesen, castigando coma sempre ao rural. Segundo os propios datos do Goberno galego, que non recollen a verdadeira realidade, a presenza da velutina multiplicouse por 4 en tres anos, pois no 2014 figuraban niños en 14 municipios da provincia e no 2017, data do último mapa que publicou a administración autonómica, facíano en 56 Concellos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información