Denuncian o roubo de colmeas nos Ancares

Denuncian o roubo de colmeas nos Ancares

Foto dunha das colmeas roubadas co número de explotación gravado

A empresa Meles Anta, a maior produtora e comercializadora de mel de Galicia, denuncia un roubo nun dos seus colmenares, situado no concello lucense de Becerreá, na comarca dos Ancares.

O roubo produciuse hai dúas semanas, aproveitando o fin de semana. Os delincuentes levaron un total de 12 colmeas de transhumancia e 25 alzas de mel. As colmeas levan impresos os números de explotación e na tapa teñen o holograma de Industrias Domínguez.

“É un tipo de colmea co que en Galicia soamente traballamos nós, polo que son fáciles de identificar. Quen realizou o roubo sabía o que facía e tiña coñecementos”, asegura David Corral, propietario de Meles Anta.

O tirón da apicultura, con alta demanda de enxames, xunto aos bos prezos do mel, incrementaron os roubos nos colmeares durante os últimos anos.

Desde Meles Anta agradecen a colaboración cidadá para atopar as colmeas roubadas. Aquelas persoas que queiran facilitar información poden chamar ao 982 426 435 ou escribir un correo electrónico a [email protected]

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información