Cursos de apicultura da Agrupación Apícola de Galicia

Barbadás acolle os dous próximos fins de semana unha actividade formativa sobre novas tecnoloxías nos colmeares. Para esta primavera, hai previstas charlas e obradoiros prácticos en Vigo, Lugo e A Gudiña

Cursos de apicultura da Agrupación Apícola de Galicia

A Agrupación Apícola de Galicia está a iniciar o seu programa formativo do 2019, que inclúe cursos, charlas e obradoiros prácticos en diversas localidades. Unha das primeiras actividades programadas é o curso ‘O uso das novas tecnoloxías na xestión apícola’, que se desenvolverá en Barbadás (Ourense) durante os dous próximos fins de semana, na tarde dos venres 8 e 15 de marzo, e na mañá dos sábados 9 e 16 de marzo.

O curso programado en Barbadás abordará cuestións como a definición do entorno da explotación, o acondicionamento das instalacións apícolas ou o uso de aplicacións para a xestión (Apps). A actividade completarase na tarde do sábado 9 cun taller de arpas eléctricas, para a protección das colmeas fronte á vespa asiática, e na tarde do sábado 16 de marzo con dúas charlas, unha sobre a diversificación de produtos apícolas, centrada na recolección de pole e propole, e outra sobre produción ecolóxica en apicultura.

A asistencia ó curso e ás charlas é gratuíta, pero é precisa a inscripción previa, ben no e-mail oficina (arroba) planapicola.com, ben no teléfono (ou whatsapp) 646 788 215.

Calendario de actividades

De marzo ata agosto, a Agrupación Apícola de Galicia xa ten planificada unha serie de cursos e prevé outros que aínda están en preparación. As accións formativas que se coñecen ata o de agora son as seguintes:

Curso anual de apicultura práctica (Inscripción previa obrigatoria, gratuito). Desenvólvese unha xornada ó mes no colmear de prácticas de Cotogrande (Vigo).

Cría de raíñas profesional: 100 euros, socios / 150 euros, non socios.

Curso xestión comercial en apicultura (Lugo, 30 de marzo, 9-15 horas). Inscripción previa, gratuito.

Curso Novas tecnoloxías na xestión apícola (Vigo, 5, 6, 12 e 13 de abril). Inscripción previa, gratuito.

Curso xestión comercial en apicultura (Barbadás, 27 de abril, 9-15 horas).

Curso en A Gudiña (Ourense) que abordará a alimentación das colmeas, a fiscalidade na apicultura e a importancia do mel con calidade diferenciada. (Data por confirmar).

Curso xestión comercial en apicultura (Vigo, 24 de maio).

Curso ‘Novas produccións apícolas, diversificación da produción’ (Barbadás, 5, 6, 12 e 13 de xullo).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información