Curso de división de colmeas e cría de raíñas

Curso de división de colmeas e cría de raíñas

A Asociación Apícola Ourensá , EcoAbella  e A Melería de Trasalba organizan o “I curso formativo de división de colmeas e cría de raíñas”. O curso celebrarase ó longo do mes de abril do 2018 e primeiras semanas de maio. As clases teóricas terán como marco as instalacións da Casa-Museo de Otero Pedrayo, en Trasalba, no concello de Amoeiro – Ourense. As clases prácticas faranse en dous calmeares, o colmear da Melería de Trasalba e en Forxas das Viñas, a Merca. Tamén se poden adaptar facilmente a outros días, e con grupos pequenos, se se realiza nas instalacións de ECO-ABELLA (en Muíños), xa que se están criando raíñas continuamente de marzo a setembro.

Este curso non está aconsellado para xente sen coñecementos previos de apicultura. O profesor será: David Sousa .

Obxectivos do curso:

-Que o alumno adquira os suficientes coñecementos, teóricos e prácticos, para manexar un método de cría de raíñas profesional de forma eficaz.

– Que o alumno logre unha xestión óptima da súa cabana apícola, optimizando o rendemento das súas colmeas e reducindo a mortaldade.

Parte TEÓRICA:

1º Bloque: (4 horas)
1. Introdución
2. Bioloxía:
a) Desenrolo e alimentación da cría
b) Desenrolo sexual
c) Reprodución individual: sexual e asexual.

2º Bloque: (4 horas)
1. Condicións reprodutivas do enxame:
a) Enxameazón: épocas de cría e importancia da alimentación.
b) Substitución.
c) Emerxencia, base da reprodución artificial.
2. A vida das raíñas. Importancia da substitución artificial.
3. Marcado de raíñas.
4. Feromonas e introdución os diferentes estados reprodutivos.
5. Cría artificial en orfandade.
6. Cría artificial en substitución:
a) O starter.
b) A finalizadora.
c) Starter máis finalizadora.

3º Bloque: (4 horas)
1. A División:
a) Estimulación
b) División e Varroa.
c) División con raíñas dispoñibles.
d. División orfa, métodos de división.
1. Colocación das colmeas
2. División cega.
4. Divisións a raíña vista.
2. Métodos de produción. A regra de Farrar.

4º Bloque: (4 horas)
1. Métodos de cría:
a. Libres 1. Enxameazón 2. División 3. Aproveitamento de raíñas e maestriles.
b. Controlados: 1. Cadro cortado. 2. Cadro raspado. 3. Cadro deitado. (Método Miller) 4. Erlangue. 5. Traslarve. 6. Copularve.
c. Elección de método segundo obxectivos.
d. Métodos enfocados

5º Bloque: (4 horas) Xenética e Selección 1. Razas de abellas. 2. Nocións de xenética. 3. A selección dos pais. Melloramento selectivo. 4. Fecundación controlada e fecundación instrumental.

6º Bloque: (4 horas) 1. Alimentación artificial. 2. Conservación das raíñas. 3. Métodos de introdución de raíñas e realeiras. 4. Transporte e comercio. 5. Ferramentas e materiais

Parte PRÁCTICA:

Un día para preparación de colmeas: División de colmeas. / Preparación de colmeas orfas para cría controlada. Un segundo día para a práctica de métodos de cría (Entre 4 e 9 días despois). Cría por traslarve e outros métodos. Outro día para métodos de introdución, e segunda división. Un último día (Entre o día 9 e 12): Prácticas dos alumnos/consultas e dúbidas/reparto de raíñas ou releras. Transporte, marcado, etc.

As datas poden variar en función da climatoloxía, Propóñense varios días: 

datas_curso

Entregarase: Manual de raíñas e diverso material para formalizar as practicas na casa.

Inscrición: Por correo electrónico: apicolaourensa@gmail.com Whatssap: 647 484 788 (Francisco González Conde)

Prezo:
OFERTA POR SER PRIMER CURSO DESTA MODALIDADE NA ASOCIACIÓN

-Socio dunha Asociación ou agrupación apícola en Galicia. e participante noutros cursos da Asociación Apícola Ourensá ………………………………………………………100 euros
-Socio dunha Asociación ou agrupación apícola en Galicia. ……………..…………110 euros
-Non socio.……………………………………………………………………………150 euros

Só poden acoller un MÁXIMO de 30 alumnos por curso (por operatividade). Formáranse dous grupos de prácticas. Indicar na folla de inscrición si queredes sábado ou domingo. Cabe a posibilidade de facer un terceiro grupo de prácticas pola semana (sería no apiario en Muíños). Se a inscrición fose maior estudaríase a posibilidade de facer un segundo grupo. Sendo as clases ao longo da semana polas tardes, ou ben a partir de mediados do mes de xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información