Curso de apicultura en Ribadavia

A Asociación Galega de Apicultura AGA e o Sindicato Labrego Galego organizan os vindeiros 18 e 19 de maio un curso de apicultura en Ribadavia. Esta formación vai dirixida principalmente a persoas que queiran iniciarse no interesante mundo das abellas, pero tamén para aquelas que teñen colmeas e queren continuar aprendendo, algo moi necesario ante os cambios ós que se enfronta a apicultura nos últimos tempos, como o cambio climático ou a chegada da Vespa velutina.

Os participantes aprenderán entre outras cousas como realizar un manexo correcto da colmea, a obtención dos seus variados produtos e o coidado da saúde das abellas. Tamén se explicarán as técnicas para facer fronte ó ataque do tártago asiático Vespa velutina sen que se vexa prexudicada a supervivencia da colmea e a súa produción, pois este é un factor clave na actualidade á hora de adicarse á actividade abelleira debido á continua expansión da praga por Galicia.

O curso terá unha duración de 12 horas, que se distribuirán nunha parte téorica e outra práctica. A participación é de balde para socios e socias de AGA e o SLG, para as demais persoas ten un custe de 50 €. Coa inscrición vai incluida a entrega da publicación “Curso de apicultura” editada por AGA.

Máis información no email [email protected] ou no teléfono 981 508 142

AGA_CURSO_APICULTURA

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información