Convocadas as axudas da Xunta para o sector apícola

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190524/AnuncioG0426-140519-0001_gl.html

Prazo: Ata 25/06/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde da Consellería do Medio Rural pola que convoca as axudas para a apicultura para este 2019. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 .

Liñas de axuda:

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

a) Liña A. Prestar información e asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores. A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores para:
1. Contratación de técnicos e especialistas en apicultura para a información e asistencia técnica aos apicultores das agrupacións en materia de sanidade, loita contra agresores da colmea, así como o asesoramento global na produción.
2. Organización e celebración de cursos e xornadas de formación de apicultores, formación continuada dos técnicos e especialistas das agrupacións e asociacións de apicultores.
3. Sistemas de divulgación técnica, a través de folletos, catálogos e outras publicacións, así como de soportes audiovisuais e informáticos.

b) Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea, en particular contra a varroase, a doenza máis importante e a que causa máis mortes nas colmeas.
1. Adquisición de tratamentos quimioterápicos e/ou tratamentos compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, autorizados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios.
2. Sobrealimentación das colmeas.
3. Renovación e purificación de cera.

c) Liña C. Racionalización da transhumancia.
1. Adquisición, conservación e mellora dos medios de transporte.
2. Sistemas de protección ou vixilancia antirroubo ou de xeolocalización integrados nos cadros das colmeas.
3. Mellora e acondicionamento de asentamentos, camiños e sendas.
4. Cota de subscrición de seguros de responsabilidade civil das colmeas, sempre que as pólizas non cubran garantías xa incluídas no sistema de Seguros Agrarios Combinados. A esta liña poderán acollerse tamén os apicultores con colmeas estantes (as que non se moven a longas distancias).

d) Liña E. Medidas de apoio á repoboación da cabana apícola española.
1. Cría de raíñas de razas autóctonas para a reposición de baixas, sempre que se cubran as necesidades financeiras para asistir as solicitudes da medida anterior.
2. Investimentos para a cría de raíñas (núcleos de fecundación, incubadoras, material para inseminación artificial de raíñas).

Beneficiarios:

Poderán optar ás axudas :

a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida contempladas na Lei 35/2011, de 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas por apicultores que cumpran os requisitos establecidos na orde de axudas.

Orzamento:

686.741 euros. Supón un incremento do 14% respecto ao presuposto do pasado ano.

Prazo de presentación de solicitudes:

Será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É dicir, ata o 25 de xuño.

Criterios de selección:

A convocatoria destas axudas faise en réxime de concorrencia competitiva e entre os criterios obxectivos están:

a) Dimensión das explotacións acollidas á axuda: Entendida como o número de colmeas potencialmente destinatarias da medida.

b) Pertenza do solicitante á Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.

c) Pertenza do solicitante a unha Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira.

d) Que as explotacións solicitantes ostenten titularidade compartida ou un agricultor mozo.

e) Explotación apícola do solicitante situada en zona desfavorecida.

f) Explotación apícola do solicitante rexistrada no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

g) Pertenza do solicitante a unha cooperativa apícola.

h) Solicitude presentada por unha organización ou asociación de apicultores legalmente recoñecida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *