Charla sobre a saúde da colmea este sábado en Moaña

Charla sobre a saúde da colmea este sábado en Moaña

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) ofrece unha charla este sábado, 19 de xaneiro, en Moaña sobre as causas da mortandade nas colmeas e como previlas. Será impartida polo veterinario de AGA Gonzalo Calvo e tratará sobre os diferentes factores que inflúen na saúde das colmeas: prevención, enfermidades, pesticidas, nutrición ou a praga da Vespa velutina.

A charla impartirase na Casa da Mocidade, no Rosal, en horario de 17 a 19 h. A participación é de balde pero requírese inscrición previa. O programa completo e información sobre as inscricións en www.apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142.

Esta charla forma parte dun programa de formación sobre sanidade apícola que está desenvolvendo AGA en diferentes lugares de Galicia. A participación é de balde pero requírese inscrición previa.

Máis información:
José Mª Bello – Delegado de AGA Morrazo
Tel. 659 843 311
Email: dagamorrazo@hotmail.com

aga_morrazo

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información