Asefoga inicia un programa de formación en apicultura orientado a zonas de Rede Natura

Asefoga inicia un programa de formación en apicultura orientado a zonas de Rede Natura

A apicultura constitúe unha actividade en auxe no rural. / Arquivo.

A Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga), ligada a Unións Agrarias vén de poñer en marcha o proxecto Apiredna, no marco do programa Empleaverde. A iniciativa, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, busca mellorar a empregabilidade en zonas de Rede Natura polo medio do impulso da apicultura.

O obxectivo de Apiredna consiste en ofrecer formación teórico – práctica sobre as diferentes actividades relacionadas co sector apícola (produción, transformación, distribución e consumo), así como asesorar a todas aquelas persoas interesadas, apicultores ou non, que queiran profesionalizarse e/ou diversificar a súa oferta de produtos apícolas sostibles.

Todas as accións de formación son gratuítas. As persoas interesadas poden dirixirse a Asefoga a través do teléfono 881-956.694 ou por medio da web da asociación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información