Ampla oferta formativa da Casa do Mel de Goente para as próximas semanas

Ampla oferta formativa da Casa do Mel de Goente para as próximas semanas

A Casa do Mel, en Goente (As Pontes) ven de facer pública a súa ampla oferta formativa para as vindeiras semanas:

– Curso de selección de abella local. Será os días 28, 29 e 30 de agosto de 16 a 21h.

– Vespa velutina: curso de construcción de arpas e placas electrónicas, días 7 e 8 de setembro de 16 a 21 h.

– Viaxe apícola a Muras. Día 21 de setembro.

– Curso de iniciación á apicultura, na Escola de Alta Montaña de Becerrea. Os días 28,29 e 30 de outubro.

– Curso de alimentación, impartido por Antonio Gómez Pajuelo. Será durante o 24 de novembro ao longo de todo o día. Esta actividade está limitada a 20 plazas e será por orden de inscripción.

-XX XORNADAS APÍCOLAS DO EUME: do 7 ao 13 de outubro.

Días 9 e 10 de outubro:

– 16 h. X cata de meles. Con diploma de recoñecemento ao mellor mel claro e para o mellor mel escuro. Entrega de mostras antes do 22 de setembro,
Día 11 de outubro
-16,30 h: Charla sobre multiplicación de colmeas. Impartida por D. Manuel Barquín, apicultor profesional, experto neste tema.

Día 12 de outubro:

– 11 h Xornada adicada á apicultura ecolóxica. Impartida por un tecnico do CRAEGA.

– 17 h: Visita os apiarios da Asociación na zona de restauración de Endesa. (Con inscrpción previa)

-X FEIRA DO QUEIXO E DO MEL: 13 de outubro en Goente.

-V FEIRA DO MEL DE MONTAÑA EN MURAS: O día 16 de novembro celebrarase a III Cata de mel de Muras. E tamén ese mesmo día impartirá unha charla Carlos Marín, veterinario da federación de asociacións de apicultores do principado de Asturias. Ao día seguinte, 17 de novembro, celebrarase a Feira do mel de alta montaña de Muras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información