A Xunta comprométese a pór en marcha unha IXP do Xamón Galego

Ángeles Vázquez comprométese a traballar para poñer en marcha unha Indicación Xeográfica Protexida do xamón galego. A conselleira do Medio Rural fixo este anuncio tras reunirse cos portavoces da empresa galega Torre de Núñez

A Xunta comprométese a pór en marcha unha IXP do Xamón Galego

A conselleira, xunto a Belén do Campo, cun responsable de Torre de Núñez

A Consellería do Medio Rural impulsará unha nova Indicación Xeográfica Protexida en Galicia, desta vez, para o xamón galego. Así se comprometeu a conselleira, Ángeles Vázquez, nun encontro celebrado o pasado venres co director xeral en Torre de Núñez, José Manuel Núñez, en San Caetano.

Nesta reunión a titular do Medio Rural interesouse pola situación do sector e a posible axuda que pode aportar a Consellería. Neste sentido, comprometeuse con esta nova IXP dado que, “pese a que Galicia é ben coñecedora da carne de porco, é certo que é máis famoso o noso lacón que o xamón”, declarou Vázquez.

Para loitar por un recoñecemento maior e garantir ao consumidor a calidade e procedencia deste produto, poranse en marcha os trámites necesarios para constituír un novo selo protexido para esta carne curada galega. A conselleira engadiu ademais que este “non deixa de ser un produto único na nosa comunidade e, como tal, merece un recoñecemento”. A calidade do xamón galego vén dada pola alimentación que reciben os porcos, a atención e coidado que se lles presta, así como a posterior elaboración do produto baseada nun modo tradicional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información