A Xunta amplía o orzamento das axudas para a apicultura

Publicidade
A Xunta amplía o orzamento das axudas para a apicultura

A Consellería do Medio Rural publica este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha ampliación de orzamento de 79.790 euros para as axudas á apicultura, co que se chegará este ano aos 599.110,25 euros. Este orzamento supón un aumento do 34% respecto ao ano anterior. Estas achegas, que están cofinanciadas nun 50% polo FEAGA da Unión Europea, nun 25% polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (Mapama) e nun 25% pola Consellería do Medio Rural, teñen por obxecto mellorar a produción e comercialización dos produtos derivados do mel.

A través desta ampliación poderán atenderse un maior número de solicitudes, para as que xa se pechou o prazo de presentación. Os beneficiarios des subvencións serán titulares de explotacións apícolas ou cooperativas dedicadas a esta actividade, organizacións representativas e asociacións de apicultores inscritos no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información