A Xunta amplía as axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios

Publicidade
A Xunta amplía as axudas para transformación e comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves unha ampliación da dotación orzamentaria das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Esta orde saíu publicada en xaneiro cun orzamento de 29,1 millóns de euros e agora amplíase noutros 3,2 millóns, chegando así aos 32,3 millóns de euros. Isto é posible grazas á existencia de remanentes doutras convocatorias e lévase a cabo para poder chegar a máis beneficiarios, unha vez contabilizadas as solicitudes.

Ao tratarse moitas delas de grandes obras, esta liña de axudas ten carácter plurianual. Así, o orzamento divídese por anos e tras esta ampliación de fondos o reparto sería o seguinte: 13,8 millóns para 2018, 14,5 para 2019 e 4 millóns de euros para 2020.

A orde ten por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios, sendo o investimento mínimo realizado polo solicitante de 60.000 euros. Non serán auxiliables os investimentos no sector do viño xa que contan cunha liña de axudas específica financiada con fondos comunitarios a través dos programas de apoio ao sector vitivinícola.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información