Xornada de análise sensorial de alimentos

A firma Tastelab organiza en Santiago unha xornada sobre as técnicas e metodoloxía das catas, de cara ó desenvolvemento de produtos alimentarios

Publicidade
Xornada de análise sensorial de alimentos
Data inicio: 25/11/2016
Data fin: 25/11/2016
Lugar: CIFP Compostela, Santiago de Compostela, España

A empresa Tastelab, un referente en Galicia na testaxe sensorial de produtos alimentarios e bebidas, organiza en Compostela unha xornada sobre as técnicas e metodoloxía das catas. O evento, dirixido a profesionais da industria alimentaria e de selos de calidade, desenvolverase no Centro de Formación Profesional Compostela, en Lamas de Abade.

O programa da xornada, que será o 25 de novembro, é o seguinte:

9-10 horas: Introdución á análise sensorial (tipos de catadores, técnicas de análise sensorial en base á norma UNE, métodos de análise sensorial). Importancia do seu uso.

10-12 horas: Aplicación da análise sensorial para o control da calidade, control da eficacia dun panel de catadores entrenado, reproducibilidade e repetibilidade das técnicas estatísticas.

12-12.30: Descanso.

12.30-13: Taller de cata. Análise sensorial con consumidores aplicando software propio.

13-14 h.: Posicionamento do produto mediante estudo con consumidores.

Imparten o curso Maruxa García, de Tastelab, e Ángeles Romero e Lourdes Vázquez, docentes de análise sensorial na Universidade de Santiago.

Máis información: [email protected] / 673-38.06.88

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información