Xantar pechou as súas portas con 24.000 asistentes

Xantar pechou as súas portas con 24.000 asistentes

Gañador profesional do certame de cociña.

O salón internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou días atrás en Expourense, pechou as súas portas cun total de 24.000 asistentes. O certame contou con 232 expositores, 15 restaurantes e máis de 200 actividades enogastronómicas (showcookings, catas, charlas, etc.).

No certame deste ano tivo especial protagonismo Panamá, que foi o país convidado e que pasa a convertirse nun dos socios estratéxicos da feira, igual que sucedeu con outros países convidados en anteriores edicións, como México e Costa Rica, que manteñen unha presenza destacada en Xantar.

Concurso de cociña
Durante o acto de clausura, que tivo lugar o pasado domingo, entregáronse os premios do concurso de cociña, que foi patrocinado polo Grupo Cuevas. Na categoría de afeccionados, o segundo premio foi para Cristina Estévez, que presentou a receta ‘Rollito de cocido en folla de grelo con humus de garbanzo e galleta de chourizo’. O gañador foi José Luis Hermida co prato ‘Cesta de cabaza rechea de arroz feitizado con grelos, castañas, boletus e langostinos’.

No apartado profesional, o segundo premio recaeu en Iago Araujo e Iago Gómez pola receta ‘Sensación Galega’, con pulpo ó mencía, calamar, mermelada de pimento, aire de queixo e espuma de allo e aceite. O gañador en profesional foi Gerson Iglesias, que presentou o prato ‘Cacheira de Lalín, vieira de Cambados e crema de Ñampi’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información