A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Vegalsa – Eroski destina 348 millóns de euros á compra a proveedores locais

A cadea de supermercados, que opera en Galicia, Asturias e Castilla y León, conta con 263 establecementos no noroeste da Península, sendo líder en Galicia, cun 16% de cota de mercado, segundo Kantar

Vegalsa – Eroski destina 348 millóns de euros á compra a proveedores locais

Vegalsa – Eroski, a firma que xestiona en Galicia os supermercados Eroski, Familia e Aliprox, vén de presentar o seu último balance anual, no que se constata a aposta da cadea polas compras de proximidade e de tempada. Ata un 40% dos produtos que oferta nos seus liñais proceden da compra a proveedores de proximidade. No último ano, Vegalsa-Eroski investiu 348 millóns de euros en compras en Galicia (296 millóns de euros), Asturias (22) e León (30 millóns) a uns 900 proveedores.

A cadea de distribución destaca que as compras a proveedores locais medraron un 6,2% no último ano, consolidando a súa aposta polo apoio á cadea agroalimentaria do Noroeste peninsular. Vegalsa – Eroski subliña tamén que está filosofía de traballo redunda ademais nunha oferta máis sostible, con produtos de Km. 0, que precisan de menos transporte para chegar ó consumidor, o que reduce as emisións de gases que propician o cambio climático.

No seu balance anual, Vegalsa – Eroski sinala que no 2018 aumentou a súa cifra de negocio un 3%, con vendas de 1.079 millóns de euros, en tanto os beneficios aumentaron un 12%, ata chegar ós 31 millóns de euros. A cadea é líder en Galicia, cunha cota de mercado do 16,2%, segundo os datos de Kantar, unha firma especializada no estudo de mercados. En Galicia e nas comunidades limítrofes, Vegalsa-Eroski dispón dun total de 263 establecementos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *