Un libro conta a historia sobre a recuperación do queixo de San Simón

Un libro conta a historia sobre a recuperación do queixo de San Simón

Queixo de San Simón.

O ex-xefe do servizo de Control de Calidade Agroalimentaria e Industria de Lugo, José Mouriño Cuba, é o autor do libro ‘O queixo de San Simón. A súa recuperación’, unha obra que trata de explicar as orixes dunha Denominación de Orixe que naceu dun produto practicamente desaparecido e que actualmente ampara a produción de once queixerías e colleita premios nalgún dos certames más importantes de Europa.

O propio Mouriño explica que no seu libro non busca “ensinarlle á xente a facer queixo”, senón máis ben “facer unha homenaxe aos productores que no seu momento tiveron o valor de crerse” o que lles estaban propoñendo os impulsores desta Denominación de Orixe, porque o tempo acabou por darlles a razón e “o que parecía un proxecto utópico, demostrouse que era posible”.

Segundo o autor, o queixo de San Simón estaba a piques de desaparecer e, no proceso de recuperación, houbo que adaptar ese produto artesanal “á tecnoloxía moderna”, para unificar a produción sen que perdese as súas propiedades nin a súa esencia e, ao mesmo tempo, “resultase rendible”.

Opina que o proceso seguido para consolidar esta denominación é exportable para recuperar outros produtos artesanais con arraigo no medio rural galego, porque “o sistema é sempre o mesmo”. Trátase de ter “unha idea clara”, facer uns investimentos axustados para poñer o proxecto a funcionar e “tirar para diante”.

Con respecto ao seu libro, considera que “é importante que as novas xeracións” teñan polo menos “unha referencia” e vexan “que as cousas pódense facer”, porque “é cuestión de ter fe e de traballo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información