Un laboratorio para ver o comportamento do consumidor aos produtos galegos

O laboratorio Marketlab, único no estado e co-financiado polo IGAPE, incorpora un equipo de ‘Eye Tracking’, que permite medir a relación que se establece entre a atención visual do consumidor e a súa actitude e predisposición a mercar.

Un laboratorio para ver o comportamento do consumidor aos produtos galegos

Xornada de formación de CLUSAGA.

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) ven de inaugurar marketlab, unha infraestutura de innovación aberta única no estado, centrado en analizar os factores que inflúen na compra do consumidor actual no entorno da intelixencia competitiva.

A presentación desta ferramenta ven de facerse na xornada sobre “Shopper márketing e experiencia de compra”, que organizou en Santiago de Compostela o Clusaga en colaboración coa Asociación de Empresas del Gran Consumo (AECOC).

O obxetivo que persegue marketlab é apoiar ás empresas nunha estratexia de marketing de compra (shopper marketing) e impulsar a innovación no packaging e no punto de venda.

O taller está co-financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e foi inaugurado polo seu director, Javier Aguilera, xunto co presidente do Clusaga, Jose Luis Antuña.

Na xornada inaugural participaron unha ducia de empresas galegas de primeiro rango integradas no Clusaga interesadas en comprobar, experimentalmente, as ferramentas do Marketlab para analizar os estímulos e códigos que inflúen no acto da compra.

Os obxectivos do taller foron identificar e comprender o comportamento do consumidor no momento da compra para detectar as oportunidades de innovación para as empresas e adaptarse ás tendencias de consumo.

Eye Tracking, dime onde miras e direiche qué vas comprar

Durante o seminario, que simulou a experiencia de compra nun supermercado recreado a tal efecto, presentouse a plataforma de AECOC Shopper View que analiza as fases do proceso de compra (antes, durante e despois) e utilizouse a ferramenta coñecida como Eye Tracking no test de produtos.

Esta tecnoloxía que rexistra os puntos de atención visual (indicador da atención e de procesos cognitivos que están tendo lugar na mente de xeito inconsciente) e que permite detectar os puntos quentes, interpretando a resposta do consumidor a un produto ou unha campaña e, en última instancia, realizar un mellor diagnóstico para estratexias comerciais concretas.

Outras ferramentas de intelixencia competitiva

A iniciativa englóbase no eixo de traballo Impulso da I+D+i do Plan Estratéxico do Clusaga que sitúa ao consumidor como obxectivo da innovación das empresas galegas do sector.

Outros exemplos do traballo do Cluster na intelixencia competitiva e de consumo son proxectos como Inmarket, para sistematizar información do mercado global de alimentos como ferramenta competitiva que permita analizar os mercados de todo o mundo dende o análise das tendencias de consumos, dos produtos e as innovacións do mercado global en alimentación e bebidas.

Nesta iniciativa o Clusaga colabora co Mintel Market Research, a axencia lider mundial en intelixencia de mercado con sede en Londres. Outras ferramentas son Inconsumer, destinado a analizar o comportamento do consumidor galego e os hábitos de consumo mediante ferramentas de análise cualitativo e cuantitativo; ou Alimentase, servizo informativo de lexislación alimentaria en saúde e información ao consumidor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información