Un fin de semana para queixear en Arzúa

Un fin de semana para queixear en Arzúa

Este fin de semana celébrase a 43 edición da Festa do Queixo de Arzúa, cun completo programa para “queixear”, tanto os mellores queixos procedentes de Galicia como doutras rexións. Ademais, o programa musical inclúe unha ampla oferta, con Sidonie, Rosa Cedrón ou Ilegales, entre outros.

Velaquí o programa:

2018_FOLLETO_43_FESTAQUEIXO_finalweb_1200

Sábado:

11 h. APERTURA DE PORTAS RECINTO FEIRAL ‘TERRA DO QUEIXO’
QUEIXEAMOS? Retrátate muxindo cun sorriso no FOTOCOL!
Todo o día. Recinto feiral
FOOD TRUCKS. Campo da feira

Todo o día
EXPOSICIÓN CONCURSO DE CARTEIS 43ª EDICIÓN
Capela da Madanela. De 11 a 13 h e de 16 a 18 h. Domingo de 11 a 13 h.

11 h. Grupo de música tradicional O BRINGUELO
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

11 – 12 h. Obradoiro de KARAOKE
Recinto feiral. 1º andar, aula 4. 12-16 anos. Inscrición 981500222 ata o 2 de marzo. 10 prazas

11 – 12.30 h. Obradoiro de MONICREQUES DE CULLER DE PAU
Recinto feiral. 1º andar, aula 3. 6-12 anos. Inscrición 981500222 ata o 2 de marzo. 10 prazas

12 h. INAUGURACIÓN OFICIAL e PREGÓN Campo da feira
Entrega de Premios Concurso de Carteis, 12º Concurso de Tapas e Petiscos ‘Festa do Queixo’ e Arzuán do Ano 2017.
Inauguración oficial e pregón: TONHITO DE POI

Antón Axeitos Ares é un artista polifacético galego. Foi patrón de barco ata que se dedicou á música. Así comezou con Heredeiros da Crus, un grupo irreverente que fixo do rock da costa un himno para toda unha xeración. Ten o seu espazo na Radio Galega, O Poigrama, en Galicia por diante.Guionista e subdirector en Tardes con Ana.

Presentación do busto HOMENAXE A ANA KIRO
Campo da feira

16.30 – 18 h. Obradoiro COREOGRÁFICO
Recinto feiral. 1º andar, aula 3. 12-16 anos. Inscrición 981500222 ata o 2 de marzo. 10 prazas

16 – 17.30 h. Obradoiro infantil de cociña UN UNIVERSO DE CRIATURAS DE QUEIXO
EFA Piñeiral. 7-11 anos. Inscrición no 981500580 ou pineiral@pineiral.es ata o 2 de marzo. (9€, inclúe agasallo do mandil e gorro de chef). 20 prazas

16 – 18 h. Concurso xuvenil de elaboracións PAN&QUEIXO
EFA Piñeiral. 12-18 anos. Inscrición 981500580 ou pineiral@pineiral.es ata o 1 de marzo. Prazas limitadas. Premios con sabor a música!

18 h. Animación de rúa a cargo dos KILOMBEROS DE MONTE ALTO
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

18 h. 2º FESTIVAL ‘PEQUEQUEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA | 18 h.
Os clásicos populares galegos cun toque particular, desde A Carolina rapeada ata O Jato rockeiro pasando por outros moitos temas tradicionais, cheo de bailes, xogos, coreografías e sorpresas!
20.30 h. PECHE RECINTO FEIRAL

21.30 h. FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira

NO CRAFTS | 21.30 h.
O trío madrileño foi o gañador do 10º concurso Queixo Maquetón entre 70 bandas. Unha mestura de garaxe e
rock alternativo cun toque post punk fresco e moi persoal.

ILEGALES | 22.30 h.
Un dos grupos máis importantes na historia do rock español. Desde os anos 80 levan repartindo rock a ambas beiras do Atlántico. O documental Mi vida entre las hormigas, que repasa a historia da banda e alcanza un enorme éxito de crítica e público, levounos ao número 1 de vendas.

SIDONIE | 00.20 h.
O seu novo disco, El peor grupo del mundo, chegou en forma de declaración de amor ao pop. Tras o éxito cultivado, posiciónanse como unha das bandas indie máis importantes do país. Teñen a virtude de converter os seus concertos nunha festa. En 2018 realizan un 20º ANIVERSARIO moi especial onde repasarán a súa longa carreira.

DAVID VAN BYLEN & JUAN REICH DJ | 02 h.
Unha formación exclusiva e creada especificamente para o Festival do Queixo, estes dous magníficos DJ únense para ofrecer unha sesión única chea de enerxía e bo ambiente que seguro acelerará as pulsacións do público. Temas rompepistas, remixes e mesturas para non parar de bailar sacudirán a pista de baile a golpe de éxitos para corear.

Domingo:

10 h. APERTURA RECINTO FEIRAL ‘TERRA DO QUEIXO’
QUEIXEAMOS? Retrátate muxindo cun sorriso no fotocol!
Recinto feiral. Todo o día. Único requisito: o teu mellor sorriso! J

11 – 12 h. Obradoiro CREACONTOS
Recinto feiral. 1º andar, aula 4. 4-6 anos. Inscrición 981500222 ata o 2 de marzo. 10 prazas

11 – 12.30 h. Obradoiro de RECICLAXE CREATIVA
Recinto feiral. 1º andar, aula 3. 6-12 anos. Inscrición 981500222 ata o 2 de marzo. 10 prazas

11.30 h. Grupo de gaitas OS SANTIAGUIÑOS DE BOIMORTO
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

11.30 h. Animación de rúa coa CHARANGA MEKANIKA
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

12 h. 2º FESTIVAL ‘PEQUEQUEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)
PAKOLAS EN CONCERTO
Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e, sobre todo, para aprender. Historias fantásticas nas que os animais serán os protagonistas: Baldomero o mero, Xabarín con bombín, Furafollas, A Quenlla madrugadora etc.

12.30 h. SESIÓN VERMÚ FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira
BANDA DE MÚSICA DE ARZÚA

16 – 17.30 h. MASTERCLASS PIÑEIRAL de COCIÑA CREATIVA
Cociña Recinto feiral. 1º andar. Doces e salgados con Queixo
A partir de 15 anos. Inscrición 981500222 ata o 2 de marzo (9€, inclúe agasallo do mandil e gorro de chef). 15 prazas.

18 h. FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira

ROSA CEDRÓN | 18 h.
Icona feminina da música galega, a ex-cantante de Luar na Lubre é buque insignia da modernidade na tradición do folk. Versátil, expresiva, elegante e dotada dunha beleza plástica única, conquistou os escenarios internacionais participando incluso nun proxecto de Mike Olfield ao longo das capitais mundiais da cultura. Tras a publicación de Entre dous mares, regresa con Nada que perder.

SONDESEU | 19.30 h.
Formada por máis de 50 compoñentes, está considerada como a primeira orquestra folk de Galicia. Arpas, canto, corda pulsada, frautas de madeira, gaitas, percusión, requintas, violíns e zanfonas, Sondeseu lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras), promovendo a creación en Europa. O seu novo traballo discográfico, Beiralúa, invita á danza colectiva.

18.30 h. PECHE RECINTO FEIRAL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información