Turróns con mel do Xurés e con patacas fritas galegas

A asociación cultural As Ortigas, de Celanova, lanzou para o Nadal doces artesanais elaborados con produtos da comarca

Turróns con mel do Xurés e con patacas fritas galegas

Turrón de quinoa, unha das variedades elaboradas pola asociación As Ortigas.

A Asociación cultural As Ortigas, que se ten distinguido nos últimos anos pola promoción de produtos elaborados con este vexetal, lanzou para o Nadal unha serie de doces artesanais elaborados con produtos da comarca de Celanova e do Xurés. É o caso dun turrón blando con mel do Xurés ou dun turrón de chocolate con patacas fritas da variedade Agria.

O colectivo, que está a comercializar os produtos en feiras locais e establecementos de proximidade, buscou novas combinacións dos ingredientes típicos dos turróns, como as améndoas e o chocolate, con produtos típicos do sur ourensán. O turrón brando con mel do Xurés elabórase cun aglomerado de améndoa tostada molida que é endulzada con mel do Xurés, incorporando tamén chocolate branco nunha baixa proporción, a modo de elemento aglutinador dos ingredientes.

O mel empregado no turrón corresponde ó produtor José Benito Rodríguez, que comercializa coa marca Mel Montes do Xurés. Trátase dun mel multifloral característico da montaña, cunha porcentaxe alta de castiñeiro e de vexetación como a xesta ou o brezo.

Outro dos turróns elabórase cunha mestura de chocolate e pataca chip da variedade Agria, crocante e cun toque de sal. A Asociación As Ortigas tamén se inspirou na tradicional figura do barquilleiro, que antano percorría festas da comarca, para outro dos seus doces, un turrón de barquillo de canela e mel.

As elaboracións de As Ortigas inclúen outras alternativas, como o turrón de quinoa, elaborado cunha semente que se está a poñer de moda a nivel nutricional. A oferta para o Nadal complétase cunha crema de turrón de mel, elaborada pola firma Licorera Peninsular, de Vilavidal (Ramirás, Ourense).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información