Superalimentos, por que marcan tendencia?

O número de produtos lanzados ao mercado que se presentan como portadores dunha alta densidade de nutrientes esenciais medrou un 200% en cinco anos. Analizamos o seu desenvolvemento

Superalimentos, por que marcan tendencia?

O brécol é considerado un superalimento.

Os superalimentos son unha categoría de produtos que engloba a aqueles que presentan unha alta densidade de nutrientes esenciais e antioxidantes. Non existe polo de agora unha lexislación que os regule nin un listado oficial de cales son os superalimentos. Tampouco hai un consenso científico ao respecto, pero o que está claro é o seu éxito no mercado. Do 2011 ó 2015, o lanzamento de novos produtos que anuncian no seu etiquetado a presenza de superalimentos medrou un 200%, segundo un informe da consultora Mintel.

A elección dos superalimentos polos consumidores débese a un conxunto de factores que Mintel resume en tres claves:

Saúde e benestar: Para o 59% dos consumidores enquisados, esa é a principal razón para adquirir novos alimentos. Un terzo dos consumidores de España está disposto a cambiar o seu estilo de vida para que sexa máis saudable, incluíndo a compra de produtos naturais.

Un terzo dos consumidores de España está disposto a adoptar un estilo de vida máis saudable e a aumentar a compra de produtos naturais

– Sete de cada dez consumidores de España, Francia, Alemania e Italia prefiren produtos naturais capaces de aportarlle beneficios á saúde antes que produtos procesados con beneficios funcionais engadidos.

Interese por novos sabores con tradición. O interese polos novos sabores incrementa o atractivo dos superalimentos, pois con frecuencia proceden de culturas non occidentais. O consumidor amósase ademais interesado pola historia e uso tradicional que tiñan estes alimentos.

Baias, froitos secos e vexetais
Os principais lanzamentos de superalimentos céntranse naqueles que inclúen baias e froitos (25%), seguidos de froitos secos (20%) e vexetais (14%), segundo o informe de Mintel. Desde Ainia, un centro tecnolóxico adicado ó sector alimentario, destacan tamén o impulso do uso de especias, legumes, cereais antiguos e sementes.

Non todos os superalimentos son exóticos. Guisantes verdes e garbanzos tamén entran nesa categoría

Entre as especias máis utilizadas figura a cúrcuma, de orixe hindú, que se emprega como suplemento en alimentos e bebidas funcionais. Os grans antigos tamén ofrecen novas alternativas ao trigo. Entre eles, destacan os lanzamentos que inclúen chía (70%), kamut (33%), teff (31%) e emmer e quinoa (27%).

Boa parte dos superalimentos teñen unha orixe exótica, pero tamén hai outros que presentan un uso tradicional en España, como o brécol ou os guisantes verdes e os garbanzos, que son recoñecidos polo seu gran aporte proteíco e de fibra, unido a un baixo índice glucémico.

Outro superalimento emerxente son as microalgas para consumo humano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información