Programa completo da Festa do Queixo de Arzúa, con 70 expositores inscritos

Este xoves tivo lugar en Arzúa a presentación do programa completo da 42ª Festa do Queixo. Esgótanse os postos disponibles, cun total de 70 expositores e novas queixerías.

Publicidade
Programa completo da Festa do Queixo de Arzúa, con 70 expositores inscritos

Presentación do programa en rolda de prensa

Este xoves tivo lugar en Arzúa a presentación do programa completo da 42ª Festa do Queixo, que logra un éxito de expositores, con 70 inscritos, a gran maioría queixerías tanto de Galicia como de fóra da Comunidade.

José Luis, Garcia alcalde de Arzúa, destacou as novidades desta 42ª edición, como a Master Class de cociña de Beatriz Sotelo, Estrela Michelín ou o pregón de actriz galega María Castro. A feira inaugurarase o sábado 4 ás 12 horas no Campo da Feira, baixo a carpa instalada este ano que servirá para acoller tamén o festival.

O alcalde fixo especial fincapé en que Arzúa inviste máis que ningún outro concello en promocionar o queixo. Isto repercute directa e indirectamente en moitos sectores, xa non só no lácteo.

García destacou tamén a nova a web festadoqueixo.org, creada en 2017 con vídeos, e un intenso traballo de documentación con históricos de carteis, pregoeiros, grupos do festival ou gañadores dos concursos.

Outras actividades e programa de concertos

A Festa do Queixo de Arzúa 2017 inclúe un amplo programa de actividades como o festival ‘Pequequeixo’ para os máis cativos, a escultura homenaxe á Queixeira a tamaño natural, de case 500 kg de peso, unha peza única no mundo. Está elaborada pola Queixería Barral e feita nun molde de 2,10m feito en impresora 3D. Ademais, a semana previa de actividades, o fotocool das vaquiñas para queixear, food trucks na zona do festival, etc.

Tamén é de destacar o Concurso de Tapas e Petiscos, con 27 locais participantes e as catas que se impartirán con motivo da festa nos centros educativos con queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa, antes e despois do evento

Pero a Festa do Queixo de Arzúa tamén é sinónimo de boa música. Así, ao concurso ‘Queixo Maquetón’ presentáronse este ano 54 bandas. Precisamente, será DELBOSQUE, o grupo onubense gañador do 9º concurso Queixo Maquetón, quen dará o seu concerto para abrir o festival do queixo o sábado 4 de marzo ás 21.30 h.

O prato forte serán os 2 días de concertos de balde, coa presenza o sábado 4 de artistas de prestixio como M-Clan que presenta novo disco ou Fuel Fandango e o DJ Ale Acosta, e tamén o domingo 5 con artistas galegos de recoñecemento internacional como Mercedes Peón e Milladoiro.

Descarga o Folleto coa programación da Festa do Queixo de Arzúa 2017
Descarga do Dossier completo da Festa do Queixo de Arzúa 2017

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información