Preséntase o programa completo da 41ª Festa do Queixo de Arzúa

Preséntase o programa completo da 41ª Festa do Queixo de Arzúa

Este xoves tivo lugar a presentación para os medios do programa completo da 41ª Festa do Queixo. O acto tivo lugar no restaurante Casa Chelo, enArzúa.

Nestas edición participarán un total de 60 expositores que se darán cita durante os vindeiros 4, 5 e 6 de marzo. Ademais, a Festa do Queixo inclúe dous días de festival de balde, coa participación de grupos de música locais e de fóra. A destacar tamén as actividades lúdicas e pedagóxicas, como fotocol das vaquiñas, do xogo ‘muxe a vaca’ ou do obradoiro vaca-lapiceiro.

Como novidades, esta 41ª edición da Festa do Queixo contará con novas queixerías do resto do Estado, xeado de queixo de Arzúa, food-trucks, etc.

Na presentación do programa completo da Festa do Queixo de Arzúa interviron o presidente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa, Xose Luís Carrera; o concelleiro de Cultura Concello de Arzúa, Miguel Vallo; o responsable do concurso Queixo Maquetón, José Ramón Bernárdez; o director de Art Music Agency, produtora do Festival do Queixo, Alberto Alfonso, ou o músico de Luar Na Lubre, Bieito Romero.

Programación completa da Festa do Queixo 2016:

O Festival do Queixo pecha a súa programación 2016 coas confirmacións de Miguel Campello e Andrés Penabad, que se unen aos xa confirmados: Nach, Diego RJ, Troy e Luar na Lubre. Todos os concertos terán lugar no campo da feira de Arzúa, e serán de balde!

O SÁBADO 5 de marzo abrirase o festival co rapeiro alacantino NACH (22:30 h.), que chega co seu novo disco ‘A través de mi’, seguido de MIGUEL CAMPELLO (00:20 h.), cantante de “elbicho”, que traerá o seu Flamenco-Rock. E para pechar a primeira xornada, a sesión DJ de DIEGO RJ (02 h.), director de El Sótano -Radio 3-.

O DOMINGO 6 poderase gozar da Sesión Vermú a cargo de TROY (13 h.), o grupo vigués gañador do 8º concurso ‘Queixo Maquetón’, entre as 98 bandas presentadas de todo o Estado. E xa por la tarde, os concertos de ANDRÉS PENABAD (18 h.) eLUAR NA LUBRE (19:30 h.), que presentará o seu novo disco ‘Extramundi’.

Descarga aquí o programa completo da Festa do Queixo de Arzúa 2016

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información