Presentan aos World Cheese Awords o primeiro queixo galego de ovella curado

O Balido, único queixo artesán natural curado en casa de pedra galarza, na comarca do Deza, aspira ser unha das revelacións no prestixioso concurso no que máis de 3.000 queixos de todo o planeta danse cita os días 27, 28 e 29 de novembro en Birmingham, Inglaterra

Publicidade
Presentan aos World Cheese Awords o primeiro queixo galego de ovella curado

Queixo O Balido

O Balido, O queixo que fala, formará parte, os vindeiros días 27, 28 e 29 de novembro na cidade inglesa de Birmingham, dos 3.000 queixos que optan ós World Cheese Awards 2015, os galardóns máis prestixiosos concedidos cada ano ás mellores elaboracións deste producto lácteo. En edicións anteriores recibiron este galardón outros queixos galegos como o Arzúa Ulloa e o Tetilla Larsa, que acadaron a medalla de prata no 2013; ou os San Simón da Costa, Prestes e o Don Crisanto, ambos bronce, tamén no 2013.

O Balido, a pesares da súa corta idade, acode ós World Cheese Awards 2015 co obxetivo de ser unha das revelacións, e de manter as pegadas dos xa galardoados queixos galegos, pero coa marcada diferenza de que O Balido preséntase na cita mundialista como o primeiro queixo galego natural e artesán 100% de leite de ovella de pasto verde, curado en casa de pedra galarza a 12-14 graos de temperatura e cunha humidade do 95%, o que permite que a textura do queixo non se endureza, mantendo o seu celme e sabor característicos, tanto na súa modalidade de curado como na de semicurado, as dúas variedades coas se presenta ao concurso.

Nas ladeiras da Serra do Candán, no lugar de Piñoi (Vilatuxe), moi preto de Lalín, O Balido iniciou a súa andaina hai dous anos, despois de que o mozo emprendedor compostelán, e afinador do queixo, Santiago Navaza, tras moitas probas e estudos, acadara a curación óptima coa que saiu ó mercado o 1 de novembro do ano 2014, tanto na variedade de tenro, como na de curado e semicurado.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información