Premiados na XIX Cata dos Queixos e XV Cata dos Meles de Galicia

Daniberto, Bo Queixo, Artelac, Castelo e Don Gabino foron os queixos galardoados coa distinción de ouro, mentres que na categoría de meles o máximo galardón foi para Mel O Testeiro

Publicidade
Premiados na XIX Cata dos Queixos e XV Cata dos Meles de Galicia

Foto dos galardoados na cata dos queixos e dos meles 2016

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu este mércores en Touro a entrega de premios da XIX Cata dos Queixos e XV Cata dos Meles de Galicia, onde celebrou o incremento da produción destes produtos amparados por selos de calidade e felicitou aos presentes pola calidade destes alimentos.

Nesta XIX edición da Cata dos Queixos e na XV Cata dos Meles de Galicia participaron un total de 66 e 29 mostras, respectivamente. No tocante aos queixos, 27 correspondían á Denominación de Orixe Protexida (DOP) Arzúa-Ulloa (18 de queixo fresco e 9 de queixo curado), outras 24 á DOP Queixo Tetilla, 10 á DOP San Simón da Costa e 5 á DOP Cebreiro. En canto aos meles, 17 mostras correspondéronse á categoría de multiflorais e 12 á de monoflorais, todos eles pertencentes á colleita deste ano 2016.

Empresas galardoadas:

Nos queixos, na Denominación de Orixe Tetilla a distinción de Ouro este ano foi para Daniberto, de Sat Daniberto, de Vilalba. Na DOP Arzúa-Ulloa, a máxima distinción recaeu en Bo Queixo, elaborado por José Castro Tejo, en Boqueixón, e na categoría de Queixo Curado o máximo premio correspondeu a Artelac, elaborado por Antonio Ferreiro Ferreiro, en Antas de Ulla. E na categoría de San Simón da Costa, a distinción de ouro foi para Don Gabino, un queixo elaborado por Cristina Román Candamil, en Vilalba. Por último, na DOP Queixo do Cebreiro o máximo premio outorgóuselle a Castelo, da queixería Castelo de Brañas S.L., de Pedrafita do Cebreiro.

En canto á Cata de Meles, a distinción de ouro tanto para meles multiflorais como monoflorais foi para Mel O Testeiro, da apicultora María Munín, de Taboada, Lalín.

Lista de [email protected] na XIX Cata dos Queixos e XV Cata dos Meles de Galicia:

premiados_cata_meles_queixos_2016

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información