Porco Celta asado ao espeto este sábado en Friol

Publicidade

Este sábado celébrase no concello lucense de Friol a III Festa do Porco Celta para promocionar esta raza autóctona. Como novidade este ano ofrecerase aos asistentes porco celta asado ao espeto, que preparará un chef portugués especialista neste estilo.

Agárdanse que acudan a esta festa unhas 300 persoas, estando prácticamente xa esgotadas as reservas. O menú da cea estará composto por embutidos de Porco Celta e logo, caldo de ósos e o prato estrela, o porco asado ao espeto, dous exemplares de 80 kilos canal de peso cada un.

A Festa do Porco Celta de Friol xurdiu a iniciativa de 4 criadores deste concello que decidiron apostar pola recuperación desta raza autóctona, dada a súa rusticidade e, sobre todo, as recoñecidas cualidades da súa carne, grazas tanto á súa xenética como ao sistema de crianza ao aire libre.

FEIRA_PORCO_CELTA

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información