Os xeados artesanais de La Central Heladera reciben o selo Galicia Calidade

Entregan o distintivo a esta empresa ourensá especializada na elaboración de xeados. Coa incorporación da compañía, o selo de garantía suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 115 empresas galegas

Publicidade
Os xeados artesanais de La Central Heladera reciben o selo Galicia Calidade

Acto de entrega do selo de Galicia Calidade á firma ourensá La Central Heladera.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregaron en San Cibrao das Viñas o distintivo de garantía a La Central Heladera, empresa especializada na elaboración de xeado artesán 100% galego. No acto estivo tamén presente Marisol Díaz Mouteira, delegada da Xunta de Galicia en Ourense.

Creada no ano 2015, La Central Heladera naceu coa vocación de converterse nunha alternativa máis saudábel aos xeados industriais. Con este recoñecemento, a empresa ourensá contará co selo de garantía para os seus sorbetes de froitas e xeados artesanais de crema, elaborados mediante unha formulación propia.

La Central Heladera elabora os seus xeados con produtos autóctonos de calidade e materia prima de proximidade

La Central Heladera elabora os seus xeados a partir de produtos autóctonos de calidade, con materia prima de proximidade e elaborados de forma artesanal, o que permite manter as súas propiedades e conservar o seu sabor. Son comercializados a través de diferentes formatos, xa que a empresa conta con puntos de venta propios na provincia de Ourense e Pontevedra e con BOX móbiles distribuídos pola xeografía galega. O xeado de La Central Heladera tamén se pode atopar en puntos de restauración a nivel nacional, con presenza en Barcelona, Sevilla e Madrid.

A directora xeral de Comercio e Consumo agradeceu a aposta de La Central Heladera pola calidade e os produtos galegos para a elaboración dos seus xeados. Pola súa banda, o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, mostrou a súa satisfacción pola incorporación dun produto tan ligado á tradición e que se mantén en constante innovación en sabores e produtos empregados como son os xeados artesanais. Deste xeito, destacou “incorporamos a Galicia Calidade un novo produto que integra calidade, orixe, tradición e innovación”.

Coa incorporación desta compañía ourensá, o selo de certificación Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 115 empresas galegas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información