Os únicos queixos galegos con DO que aumentan as súas vendas son Cebreiro e San Simón da Costa

Preocupa o estancamento das vendas dos queixos galegos con Denominación de Orixe. Só os de Cebreiro e San Simón da Costa aumentan as súas vendas, pero non compensan a baixada do 0,72% nos quilos certificados e do 0,32% no valor económico

QUEIXOS GALEGOS 18

As vendas de queixos galegos amparados por unha Denominación de Orixe caeron no 2018 un 0,32% ata os 34,56 millóns de euros, cun total de 5409949 kilogramos certificados polos consellos reguladores, o que supón un 0,72% menos que no 2017. Así se desprende dos datos publicados este venres pola Consellería do Medio Rural.

Por denominacións, a que máis medra un ano máis é a D.O. Queixo do Cebreiro, tamén a máis nova e a de menor tamaño: no 2018 as súas vendas medraron un 33,56% e os quilos certificados un 8,48%. Séguelle a D.O. Queixo de San Simón da Costa, que incrementou o pasado ano as súas vendas nun 4,79%, a mesma porcentaxe que os quilos certificados-

As D.O máis antigas e máis consolidadas en volume, Arzúa Ulloa e Tetilla, son as que presentaron tamén peores resultados. Así, Arzúa-Ulloa, baixou un 2,19 % tanto en kilos certificados como en valor económico. A segunda en volume e en facturación, a D.O. Tetilla, mantívose prácticamente sen cambios, cun incremento do 0,59%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información