Os queixos galegos logran 16 medallas nos World Cheese Awards 2018

Publicidade
Os queixos galegos logran 16 medallas nos World Cheese Awards 2018

O mellor queixo do mundo 2018 foi o Fanaost Ostegården, un queixo gouda artesanal elaborado por un gandeiro de Noruega, Jørn Hafslund, que conta só con 12 vacas.

Os queixos galegos lograron este sábado en Bergen (Noruega) alzarse con 16 medallas no concurso anual World Cheese Awards, un certame no que se elixe o mellor queixo do mundo. Galicia logra así unha das súas mellores marcas neste concurso internacional.

Este ano presentáronse nos World Cheese Awrds un total 3.472 queixos a concurso, 471 máis que na edición do pasado ano, e que procedían de 41 países do mundo.

Un total de 10 queixerías galegas lograron 16 medallas. As queixerías con queixos premiados foron:

-Cooperativa Campo Capela: Medalla de outro polo seu queixo O Mouro. Tamén recibiu un bronce o seu queixo Tetilla.

-Queixería Prestes: Unha medalla de bronce polo seu queixo de cabra, unha de prata polo seu queixo San Simón da Costa, e outra de bronce polo seu queixo azul Lara&Sara.

-Cooperativa Galega Como Cabras: dúas medallas de bronce polo seu queixo de cabra Touza Vella.

-A Meixoeira Sociedade Cooperativa Galega. Prata polo seu queixo curado.
https://www.facebook.com/ameixoeiracoop

-Quesos Feijóo. Medala de prata polo seu queixo de cabra semicurado en adega.

-Queserías Sarrianas: Bronce polo seu queixo curado de ovella.

-Queixería Barral: Medalla de bronce polo seu queixo Tetilla

-Queixería Cas Leiras: Prata para o seu queixo San Simón da Costa.

-Cortes de Muar: bronce polo seu queixo Vello Marigold e outra medalla de bronce polo seu Mimosa.

-Alimentos Ruta Xacobea: Unha medalla de bronce polo seu queixo Arzúa-Ulloa e outro bronce polo seu Tetilla.

O mellor queixo do mundo é un gouda elaborado por un gandeiro de Noruega que ten 12 vacas

O mellor queixo do mundo segundo o xurado dos Wordd Cheese Awards 2018 foi o Fanaost Ostegården, un queixo gouda artesanal elaborado por un gandeiro de Noruega, Jørn Hafslund, que conta cunha pequena granxa de 12 vaca en muxido, da raza Roxa Sueca e que manexa en pastoreo.

Velaquí o listado dos 16 mellores queixos que recibiron a medalla de Super Ouro:

1 Fanaost Ostegården Norway
2 Agour Pur Brebis AOP Ossau Iraty QST International France
3 Helfeit, Brun Geitost, Tinntradisjon, Stordalen Gardsbruk Norway
4 Almnäs Tegel Almnäs Bruk almnas.com Sweden
5 Riserva del Fondatore Caseifiio Il Fiorino caseifiioilfirino.it Italy
6 Formatge Madurat Formatges Mas El Garet formatgesmaselgaret.com Spain
7 Lihmskov Grand Fromage grand-fromage.dk Denmark
8 Taupinette Jousseaume Jousseaume Earl goat-and-cheese.com France
9 Bafflo Blu Caseifiio Defendi Luigi Srl formaggidefendi.com Italy
10 Caciocavallo Azienda Agricola E Zootecnica Posticchia Sabelli posticchiasabelli.com Italy
11Majorero PDO – Maxorata Semicured with Paprika
Grupo Ganaderos de Fuerteventura maxorata.es Spain
12 Kilembe Belnori Boutique Cheesery belnori.co.za South Africa
13 Golden Cross Golden Cross Cheese goldencrosscheese.co.uk UK
14 La Reserva Mixed Milk Cheese Aged Queserias Entrepinares entrepinares.es Spain
15 Pecorino Gran Riserva del Passatore Romagna Terre romagnaterre.it Italy
16 Maayan Harod Shirat Roim shiratroim.co.il Israel

Consulta aquí a listaxe completa de queixos premiados en formato PDF. 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información