O queixo Don Crisanto, da DO San Simón da Costa, obtén o Premio Especial Alimentos de España

A queixería galega logra o galardón absoluto do certame de queixos que convoca o Ministerio de Agricultura cada dous anos. Faise tamén co primeiro posto na categoría de queixo madurado de vaca, unha distinción que obtén por séptima vez

O queixo Don Crisanto, da DO San Simón da Costa, obtén o Premio Especial Alimentos de España

O queixo Don Crisanto obtivo a maior puntuación de entre todos os queixos de España a concurso.

O queixo Don Crisanto, elaborado pola queixería do mesmo nome, ubicada en Vilalba (Lugo), logrou a maior puntuación de tódalas pezas participantes no ‘Premio Alimentos de España Mejores Quesos, año 2017’, convocado polo Ministerio de Agricultura.

O certame, que se organiza cada dous anos, situou tamén ó queixo galego no primeiro posto da categoría de queixos madurados de vaca, unha categoría na que repite por séptima vez. Desde o 2003, obtivo esa distinción en tódalas edicións do concurso, salvo no ano 2009.

Os premios, que teñen como finalidade dar a coñecer os queixos españois de maior calidade, resólvense por medio dunha cata cega dun panel de catadores. As distincións concedidas foron as seguintes:

Modalidade “Queso madurado de vaca”

Premio: Queixería Don Crisanto, de Vilalba (Lugo), polo queixo Don Crisanto, Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.

Nesta modalidade resultaron finalistas SAT Queinaga Xuga Nº 871, de Curtis (A Coruña), polo queixo Queinaga, Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa e Quesería Prestes, S.L., de Vilalba (Lugo), polo queixo Prestes, Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.

Modalidade “Queixo madurado de ovella”

Premio: Quesería Ricardo Remiro, de Eulate (Navarra), polo Queso Remiro, Denominación de Orixe Protexida Idiazábal.

Como finalistas quedaron Quesería Manuel Bengoetxea, de Urdax (Navarra), polo Queso Bengoetxea, Denominación de Orixe Protexida Idiazábal e Quesería José Inazio Ugartemendia, de Berastegui (Gipuzkoa), polo Queso Gazpio, Denominación de Orixe Protexida Idiazábal.

Modalidade “Queixo madurado de cabra”

Premio: Quesería Lopicomo, S.L., de Villamartín (Cádiz), polo Queso Pajarete.

Os finalistas foron Quesería A Pastora de Grazalema, Sociedade cooperativa Andaluza, de Grazalema (Cádiz), polo Queso A Pastora de Grazalema e Quesería Payoyo, S.L., de Villaluenga del Rosario (Cádiz), polo Queso Payoyo.

Modalidade “Queixo madurado de mestura”

Premio: Quesos El Bosqueño, S.L., del Bosque (Cádiz), polo Queixo El Bosqueño.

Nesta modalidade resultaron finalistas Grupo Gandeiros de Fuerteventura, S.L., de Puerto del Rosario (Las Palmas), polo Queso Selectum Semicurado con Pimiento e Queserías Entrepinares, S.A.U., de Valladolid, polo Queso Entrepinares Viejo Tostado.

Modalidade “Queixo madurado con mohos ou queixo azul”

Premio: Queserías Picos de Europa, S.L., de Posada de Valdeón (León), polo Queso Azul Picos de Europa, Indicación Xeográfica Protexida Valdeón.

Como finalistas quedaron Lácteas Cobreros, S.A., de Castrogonzalo (Zamora), polo Queso Rulo de Queixo de Cabra Cobreros, e Quesopía, S.L., de Torremocha de Jarama (Madrid), polo Queso Botón de Queso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información