O Ministerio iniciará unha campaña para comprobar os contratos no sector agrogandeiro

O Ministerio iniciará unha campaña para comprobar os contratos no sector agrogandeiro

Reunión do Consello da AICA este xoves

O secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Carlos Cabanas, presidiu este xoves o Consello Asesor da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), onde se presentou o novo Plan de Control 2016, que inclúe un Plan de Traballo específico para comprobar a existencia e contido de contratos alimentarios nos sectores agrícolas e gandeiros. O Plan de Control comprende tanto as actuacións de oficio como as investigacións derivadas das denuncias que se reciban por parte de empresas ou organizacións.

Neste contexto, AICA, un organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, vai iniciar unha campaña de inspección para controlar que os contratos de compra-venda entre produtores e compradores están a asinarse. O obxectivo desta campaña é comprobar que todas as transaccións comerciais que superen os 2.500 euros queden recollidas por escrito nun contrato alimentario. Para iso, a Axencia de Información e Control Alimentarios prevé realizar máis dun milleiro de inspeccións.

A AICA impuxo 28 sancións no que vai de ano

No que vai de ano, a Axencia propuxo 28 sancións por incumprimentos da lei da cadea alimentaria: 7 no sector de froitas e hortalizas, 2 no sector lácteo, 10 no sector do aceite de oliva e 9 no sector do viño.

Así mesmo, neste período recibíronse 32 denuncias: 17 no sector lácteo, 7 en froitas, 2 en viño, 3 en aceite de oliva, 2 en oliva e 1 en carne de polo. Sete destas 32 denuncias recibidas refírense a venda a perdas, polo que foron trasladadas ás correspondentes comunidades autónomas para a súa investigación e posible sanción, xa que entra no seu ámbito de competencia.

Desde a creación de AICA enviáronse máis de 260 comunicacións aos responsables de Comercio das comunidades autónomas para que investiguen as presuntas vendas a perdas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información