O Goberno aproba cambios na etiquetaxe dos queixos

A modificación, que  afecta as normas de calidade de queixos e queixos fundidos,  responde á necesidade de adecuar determinados aspectos aos cambios na normativa alimentaria da UE

O Goberno aproba cambios na etiquetaxe dos queixos

Queixos da DO San Simón da Costa

O Consello de Ministros aprobou o pasado venres, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, un Real Decreto, polo que se modifican algúns aspectos da norma vixente sobre calidade para queixos e queixos fundidos, e da norma de calidade para a carne, o xamón, a paleta e a cana de lombo ibérico.

No que respecto das normas de calidade de queixos e queixos fundidos,  responde á necesidade de adecuar determinados aspectos das mesmas aos cambios na normativa xeral alimentaria da Unión Europea.

Os principais cambios céntranse na adaptación á normativa comunitaria de declaracións nutricionais e saudables dos alimentos. Neste sentido, desaparecen antigas denominacións sobre o contido en materia graxa  que non se adaptaban á citada normativa comunitaria  como queixo “semigraxo”, “desnatado”, “semidesnatado”, e substitúense polos que figuran no Regulamento tales como “baixo contido en graxa”, “sen graxa” ou “contido reducido en graxa”.

Así mesmo, adecúanse os aspectos de etiquetaxe para queixos ao novo Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello, que entrou en aplicación recentemente, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor. Nese proxecto establécese que a etiquetaxe dos queixos non envasados (peza enteira coa etiqueta pegada directamente) debe cumprir os mesmos requisitos en canto a información ao consumidor  que os alimentos envasados, excepto a da etiquetaxe nutricional, seguindo a liña regulada xa para o resto de  alimentos non envasados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información