O Festival do Leite 2018 celebrarase o 15 de setembro en Pontevedra

O evento, organizado pola marca Deleite, propiedade de gandeiros galegos, ten como obxectivo poñer en valor a importancia do sector lácteo para Galicia

Publicidade
O Festival do Leite 2018 celebrarase  o 15 de setembro en Pontevedra

Cartel promocional do Festival do Leite 2018.

O Festival do Leite, un evento musical que naceu hai un par de anos con carácter itinerante, desenvolverá a súa edición 2018 en Pontevedra, no espazo da illa das Esculturas. Será a terceira edición do Festival do Leite, tras as celebradas o pasado ano en Lugo e no 2016 en Santiago. Igual que nas anteriores edicións, contará exclusivamente con bandas e artistas galegos, afincados ou relacionados con Galicia.

O Festival do Leite naceu da man da marca Deleite Galego, propiedade de gandeiros galegos. O obxectivo de Deleite co Festival é dobre. Busca poñer en valor a importancia do sector lácteo para Galicia e á vez, apoiar á música galega como gran protagonista do festival.

O evento, que será un ano máis de acceso libre, congregará en Pontevedra a unha escolma dos mellores grupos musicais galegos do momento, con concertos que se desenvolverán ao longo de toda a xornada. Durante o día, haberá tamén espazos reservados para actividades infantís, así como postos de comida para quen queira pasar no Festival toda a xornada.

A presentación do Festival desenvolveuse onte en Pontevedra, nun acto no que participaron o alcalde local, Miguel Anxo Fernández Lores, e o coordinador de Leite Noso, a empresa que comercializa a marca Deleite. O cartel de grupos e de actividades que conforma o Festival anunciarase proximamente.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información