O Día Mundial das Abellas celebrarase este sábado por toda Galicia

O Día Mundial das Abellas celebrarase este sábado por toda Galicia

A celebración do Día Mundial das Abellas que terá lugar este sábado ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia das abellas na súa función da polinización polos beneficios que aporta á agricultura, ó medioambiente e á alimentación.

Esta iniciativa partiu no 2014 da Asociación de Apicultura de Eslovenia, país onde esta data xa está establecida como o Día Nacional das Abellas, e foi apoiada por Apimondia, Federación Internacional de Asociacións Apícolas. Á espera de que sexa aprobada oficialmente polas Nacións Unidas, está sendo celebrada internacionalmente por unha grande parte do sector apícola de todo o mundo.

En Galicia, a Asociación Galega de Apicultura (Aga) súmase a esta celebración cun amplo programa de actos repartidos por diferentes lugares de Galicia durante este día e que terán como misión dar a coñecer esta celebración, reivindicar a importancia das abellas e concienciar sobre a súa necesaria protección fronte ós problemas que as ameazan, entre os cales está a Vespa velutina, que está causando estragos na cabana apícola galega. “Por iso -segundo Aga- é necesario que este tema estea presente nesta celebración, buscando a implicación de toda a sociedade para resolver este problema, xa que non só lle afecta ó sector apícola, é un problema medioambiental que nos ameaza a todos e todas”.

A continuación o programa da xornada que organiza a Asociación Galega de Apicultura:

SANTIAGO DE COMPOSTELA
No IES Rosalia Castro, ás 12:30 h. Acto do Día da Abella e inauguración da exposición “Dalle vida ao teu xardín” cun percorrido pola exposición didáctica, visita ás abellas do xardín, degustación de meles  e información sobre a Vespa velutina. A exposición estará aberta ata o 5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente, con actividades para escolares. Haberá tamén un curso de apicultura o 20 e 21 de maio.

CULLEREDO – DAGA CORUÑA
No Xardín Botánico de Culleredo, de 11 a 14 h. Degustación de meles por produtores locais socios de AGA, visita guiada polos xardíns e colmear da delegación e obradoiro de trampas caseiras contra a Vespa velutina.

ALLARIZ – DAGA OURENSE
No Festival Internacional de Xardíns de Allariz, de 11 a 14 h. Arredor da Casa das Abellas dos xardíns, degustación de meles por produtores locais socios de AGA e unha mesa informativa sobre a Vespa velutina. Os socios de AGA que participen poden visitar ese día os xardíns de balde, chamando previamente a AGA para anotarse (ata o 18 de maio).

FERROLTERRA – DAGA FERROLTERRA
Narón, Neda, San Sadurniño e Mugardos. Ás 11 h. charla “Abella e Medio Ambiente” e entrega de premios aos gañadores do concurso de trampeo realizado nos centros de ensino da comarca.  Durante toda a mañá mesa informativa na praza do concello coa problemática da velutina.

NIGRÁN – DAGA RÍAS BAIXAS
No Centro da Ramallosa. Día da Abella, II Xornadas Apícolas e I Feira Apícola Val Miñor. Ás 10:15 h. acto de inauguración e obradoiros para nenos e nenas. Charlas: Ás 10:30 A producción de pole. Ás 11:30 Manexo ecolóxico antivarroa. Ás 16:30 Fotografar a natureza. Ás 17:30 Entrega de premios.

AS PONTES – DAGA EUME
Na Casa do Mel de Goente, de 16 a 21 h. Portas abertas con obradoiros e actividades para nenos e nenas.

MAÑÓN – DAGA ORTEGAL
19 de maio no CEIP Francisco López Estrada do Barqueiro.  Os alumnos/as pintarán un mural sobre o Día Mundial da Abella e posteriormente farase a entrega de trampas, folletos sobre a velutina e copiños de mel.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información