O Barco celebra este sábado a XVI Festa do Botelo

Este produto típico da gastronomía galega conta con Indicación Xeográfica Protexida dende o ano 2009

O Barco celebra este sábado a XVI Festa do Botelo

Botelos curándose

A XVI Festa do Botelo, festa de interese turístico galego, celebrarase mañá, 23 de xaneiro, na vila do Barco de Valdeorras. A comida oficial contará cuns mil asistentes despois de que se venderan as 950 entradas postas á venda. Ademais varios restaurantes da vila contan con reservas de visitantes que degustarán o botelo nos seus locais.

O botelo consistente no recheo do estómago do porco con costelas adubadas e posteriormente afumado, que se consume cocido, conta con protección como Indicación Xeográfica Protexida dende o 2009.

Esta nova edición ven cargada de novidades nas que o obxectivo é dar a coñecer o botelo ampliando a festa gastronómica máis alá da mera degustación do produto e xerando movemento económico na vila.

Programa de actividades para este sábado

Mañá sábado haberá novidades como a posta en marcha dunha feira con
produtos variados no Paseo do Malecón e o acto de lectura do pregón que se realizará este ano no Teatro Lauro Olmo do Barco. Ademais o programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo o seu programa magazine pola tarde.

A actividade empezará pola mañá coa feira de produtos variados e a lectura do pregón e entrega da mención de honra que se fará no Teatro Lauro Olmo do Barco, cambiando así a localización doutros anos no Instituto Martaguisela. O acto contará coas actuacións do cantautor, Anxo Rei e o Orfeón
Valdeorrés.

A continuación degustarase o botelo para uns 1000 comensais no pavillón polideportivo de Calabagueiros. A festa continuará pola tarde co programa Aquí Galicia e despois a partir das sete coa primeira edición da Foliada e Cantos de Taberna. Oito grupos, que xa amenizarán a comida no pavillón, estarán actuando por varios bares da vila ata as 10 da noite.

Máis información en: http://festadobotelo.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información