Novo invento para capturar Vespa Velutina nas colmeas

Novo invento para capturar Vespa Velutina nas colmeas

David Lourido, director de proxectos en Abertal e membro da xunta reitora da cooperativa O Tempo da Aldea, presentou estes días na súa conta de Instagram un novo invento que ven de desarrollar o seu pai, Adolfo Lourido para capturar a vespa asiática nos colmeares.

Trátase dun cazamariposas modificado e que tal e como salienta o pai de David Lourido “calquera pode construír na casa dunha forma rápida, barata e sinxela, ao non estar nin patentado nin homologado”. En concreto, para a súa ensamblaxe utiliza diversos materiais reutilizables: un ganapán, unha rateira, unha tapa metálica redonda dunha caixa de galletas e un cordón.

A tampa está atornillada á rateira e cobre a entrada do cazamariposas, de forma que se levanta co cordón e facilita a captura de velutinas cando están á caza de abellas no colmear. “A mellor hora para traballar con el é a última hora da tarde, cando as abellas xa están recollidas”, precisa.

“Ao meu pai sempre lle gustou apicultura e coidou as colmeas do meu avó ata que faleceu. Era en Rebordechán, no concello de Crecente, onde tamén está ubicado o proxecto de O Tempo da Aldea no que procuramos poñer en valor os recursos da aldea e do monte. E hai dous anos retomou a actividade con dúas colmeas propias e outras dúas dun veciño nun monte na nosa casa en Arnoso, no concello de Ponteareas, coa que cada ano imos conseguindo unha colleita modesta pero cada vez maior”, explica David Lourido.  Neste sentido, desarrollar novas ferramentas de uso doméstico contra a Vespa Velutina foi unha inquedanza do seu pai para protexer a apicultura galega contra esta especie invasora.

Velaquí uns vídeos explicativos que tamén se poden ver na conta de Instagram de David Lourido:

Como construír o atrapavelutinas?

O trebello en acción: 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información