Nos últimos 30 anos caeu un 39% o consumo de leite e un 67% o consumo de viño nos fogares españois

EVOLUCION_BEBIDAS_CONSUMO_OEMV

O consumo de bebidas nos fogares españois experimentou profundos cambios nos últimos 30 anos, segundo se desprende do Panel de Alimentación; Distribución e Consumo do Ministerio de Agricultura, analizado polo Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv).

En concreto, entre 1987 e 2017 o consumo de leite nos fogares españois pasou dunha media de 114 litros por persoa e ano a 69,9, o que supón unha caída do 39%, e pasou de representar o 57,9% das bebidas adquiridas polos fogares ao 32,7%.

Outra bebida de consumo tradicional en España como é o viño rexistrou o maior descenso nestes 30 anos analizados, cunha caída do 67%, pasando dunha media de consumo nos fogares de 24,8 litros por persoa e ano en 1987 a 8,1 litros.

Desta forma, o viño e o leite foron desprazados como bebidas compradas nos fogares pola auga embotellada, que experimentou un subidón do 425%, pasando da penas 11,7 litros por persoa e ano en 1987 a 61,4 litros e representar o 28% do gasto dos fogares de España en bebidas

Outras bebidas cuxo consumo nos fogares se disparou nestes 30 anos foron os refrescos e gasosas (pasan de 28,8 litros a 46,7, un 62% máis), os zumes (de 4,5 a 9,2 litros, un 104% máis) e a cervexa, cuxo consumo non para de medrar de forma ininterrompida e xa está nos 18,5 litros por persoa e ano, un 42% máis que en 1987.

“O sabor do produto é fundamental para explicar esta evolución do produto”

O OeMV conclúe que “o panorama amplo do consumo de bebidas mostra unha mellor evolución de bebidas frescas e agradables a bo prezo, para as que o concepto de “saudable” parece ter unha importancia crecente. Sen embargo, a relativa frouxa evolución dos zumes fronte aos refrescos pode levar a pensar tamén na importancia da burbulla”.

“Mercadotecnia, comunicación, envases, prezos e capacidade de distribución, entre outros, son tamén factores que inflúen nesta evolución; pero o sabor, segundo os estudos realizados polo OeMv, é factor fundamental para explicala”, afirma o Observatorio.

EVOLUCION_BEBIDAS_CONSUMO_OEMV_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información