Muras exalta este fin de semana o seu mel de montaña

Muras exalta este fin de semana o seu mel de montaña

O Concello de Muras celebra este fin de semana a II Feira do Mel de Montaña, que prevé reunir a centos de visitantes na praza do Viveiró cun completo programa de actividades para exaltar a este produto de recoñecido prestixio. Esta segunda edición conta coa colaboración da Casa do Mel de Goente e da Deputación de Lugo.

Neste concello lucense situado en pleno corazón da Serra do Xistral existen actualmente 25 explotacións apícolas con máis de 1.000 colmeas que producen un mel único polo tipo de flora da zona.

O prezo de venta do mel será de 7.50 euros mínimo. Esta segunda edición contará cun total de 15 expositores, 9 de mel, e poderanse degustar todos os produtos autóctonos e de tempada, como queixos ou castañas. Ademais durante toda a fin de semana os asistentes poderán participar en diversas actividades relacionadas co sector apícola como, charlas informativas ou un showcooking da man de Álvaro Villasante, un recoñecido chef galego. A musica correra a cargo do grupo Axóuxere de Roupar, e da Escola de gaitas de Covas.

Actividades para nenos con obradoiro de cestería e cera

O programa diríxese a todo tipo de público, xa que tamén se inclúen actividades para nenos, como un obradoiro de cestería ou actividades con cera. De maneira complementaria, na Feira do Mel de montaña de Muras tamén haberá postos de licores e outros produtos autóctonos. Ademais, o Concello porá a disposición dos veciños un servizo gratuíto de autobús para facilitar que se achegue o maior número de persoas.

Programa

Sábado 19 de novembro

– Ás 17:00 horas.- Charlas formativas, por xentileza de Casa do mel de Goente; As charlas inclúen pausas para cata de queixos do pais con mel, e cata de distintos tipos de mel: Aproveitamento de produtos apícolas e Tipos de mel e as súas características.
– Ás 20.00 horas.- Degustación gratuíta de carne ao caldeiro
– Ás 20.30 horas.- Actuación musical

Domingo 20 novembro

– Ás 10:00 horas.- Feira do mel de Muras
– Ás 11:00 horas.- Apertura dos postos. Obradoiro de cestería
– Ás 12:00 horas.- Showcooking
– Ás 16:00 horas.- Obradoiro lúdico para nenos
– Ás 19:30 horas.- Fin da feira
– Ás 20:00 horas.- Actuación musical

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información