Muras exalta este fin de semana o seu mel de montaña

Muras exalta este fin de semana o seu mel de montaña

Mario Rouco, Eduardo Vidal e Manuel Requeixo, na presentación

O Concello de Muras celebra este fin de semana a III Feira do Mel de Montaña, que prevé reunir a centos de visitantes na praza do Viveiró cun completo programa de actividades para exaltar a este produto de recoñecido prestixio. Esta terceira edición conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

Neste concello lucense situado en pleno corazón da Serra do Xistral existen actualmente 25 explotacións apícolas con máis de 1.000 colmeas que producen un mel único polo tipo de flora da zona.

O prezo de venta mínimo do mel roldará os 6 euros. Esta terceira edición contará cun total de 11 expositores, que ademais de mel, porán a venda produtos autóctonos e de tempada, como queixos, castañas, empanadas ou licores, entre outros moitos.

Ademais durante toda a fin de semana os asistentes poderán participar en diversas actividades relacionadas co sector apícola como, charlas informativas, un concurso de mel, así como unha demostración de extracción de resina da man do profesional Francisco Domínguez. Tamén haberá actividades dirixidas aos máis pequenos como un obradoiro de cestería e ceras de mel. A música correra a cargo do Dúo Meritxell e do cantautor Miguel Alonso.

Programación da Feira

A III edición da Feira do Mel da montaña de Muras que terá lugar na praza do Viveiró, na parroquia de Santa María do Viveiró. A cita contará coas seguintes actividades na súa programación:

Sábado, 18 de novembro

16:00-19:00 horas.- Concurso de calidade do mel de Muras.

19:00 horas.- Relatorio de Xesús Feás: “A apicultura: unha actividade necesaria para a vida da terra. O potencial de Muras”.

20:30 horas.- Degustación gratuíta de lacón.

21:00 horas.- Actuación musical.

Domingo, 19 de novembro

10:00 horas-19:00 horas.- Feira do Mel de Muras.

11:00-19:00 horas.- Apertura dos postos. Obradoiro de cestería e emisión en directo do programa “Somos quen”, da Radio Galega.

12:00 horas.- Obradoiro doce con mel.

14:00-16:00 horas.- Actuación musical durante o xantar: Miguel Alonso.

16:00-17:30 horas.- Degustacións de doces elaborados con mel.

17:30-18:30 horas.- Obradoiro lúdico para nenos.

18:30 horas.- Entrega de premios do Concurso de mel.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información