Listado de premiados da XVIII Cata dos Queixos e da XIV Cata dos Meles de Galicia

A conselleira do Medio Rural salienta que “o futuro das producións agroalimentarias galegas pasa pola transformación para a súa posta en valor” e por aumentar a capacidade de exportación

Listado de premiados da XVIII Cata dos Queixos e da XIV Cata dos Meles de Galicia

Ángeles Vázquez entregando un galardón

Este mediodía celebrouse en Santiago de Compostela a entrega de premios da XVIII Cata dos Queixos de Galicia e da XIV Cata dos Meles de Galicia .

O acto estivo presidido pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen salientou que “o futuro das producións agroalimentarias galegas pasa pola transformación para a súa posta en valor (..) e por aumentar a súa capacidade de exportación”. Nesta liña, anunciou que “vaise dar máis pulo ao Plan especial de promoción agroalimentaria para acometer as accións promocionais directamente executadas pola Consellería do Medio Rural: campañas publicitarias, asistencia a feiras, organización de distintos eventos como catas de viños, de augardentes, de queixos, etc., e tamén as que realizan directamente tanto os Consellos Reguladores como as asociacións sectoriais”.

Relación de premiados e premiadas: 

XVIII CATA DOS QUEIXOS DE GALICIA – 2015

D.O.P. QUEIXO TETILLA
1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DANIBERTO” – Daniberto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “TERRA DE MELIDE”– Lácteos Terra de Melide, S.L. (Melide – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino – A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “MOECHE” – Lácteos de Moeche, S.L. (Moeche – A Coruña)

D.O.P. ARZÚA-ULLOA

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino – A Coruña)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “PAZO ANZUXAO” – Lácteos Anzuxao, S.L. (Lalín – Pontevedra)
4º POSTO E DIPLOMA: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)
5º POSTO E DIPLOMA: “ARQUESÁN”– Agro Despensa, S.L. (Touro – A Coruña)
6º POSTO E DIPLOMA: “ARTELAC” – Antonio Ferreiro Ferreiro (Antas de Ulla – Lugo)

D.O.P. ARZÚA-ULLOA CURADO

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARRAL” – Queixería Barral, S.L. (Arzúa – A Coruña)

D.O.P. SAN SIMÓN DA COSTA

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DON CRISANTO” – Crisanto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “PRESTES” – Queixería Prestes, S.L. (Vilalba – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “CASLEIRAS” – Queixería Cas Leiras, S.L. (Vilalba – Lugo)

D.O.P.CEBREIRO

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “CASTELO” – Castelo de Brañas, S.L. (Pedrafita do Cebreiro – Lugo)

XIV CATA DOS MELES DE GALICIA 2015

CATEGORÍA A: MELES MONOFLORAIS

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)

CATEGORÍA B: MELES MULTIFLORAIS

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARBANZA MEL” Abelleiros Fidosa, S.L. (Porto do Son – A Coruña)
2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “O TROBO MEL DO VALADOURO” – María Fe Sixto Pernas (O Valadouro – Lugo)
3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “MEL DE MONFERO” Josefa María Durán Casal (Monfero – A Coruña)
4º POSTO E DIPLOMA: “MEL O TESTEIRO” – María Munín Taboada (Lalín – Pontevedra)
5º POSTO E DIPLOMA: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)
6º POSTO E DIPLOMA: “MEL DO SALDOIRO” – Antonio Gómez Tapia (Lalín – Pontevedra)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información