Impresoras 3D de comida, unha realidade con futuro?

Unha empresa catalá xa comercializa tecnoloxía que permite imprimir no fogar alimentos en 3 dimensións. Os expertos pronostican o desenvolvemento nos próximos anos destes sistemas, que se suministrarán de cápsulas de ingredientes e disporán de programas de recetas

Impresoras 3D de comida, unha realidade con futuro?

Pizza elaborada por impresión. / Imaxes: Natural Machines.

Hai 200 anos, produtos de uso habitual hoxe en día como os xeados, os chicles ou as bebidas carbonatadas eran cousa da ciencia ficción. Na actualidade, a mesma sensación desperta entre boa parte dos consumidores a idea de comer alimentos impresos en tres dimensións. Tal posibilidade, sen embargo, xa existe e os expertos pronostican un rápido desenvolvemento das impresoras 3D de comida ó longo da próxima década.

A tecnoloxía da impresión en 3 dimensións naceu nun comezo no campo da enxeñería industrial coa idea de reducir o tempo de produción de pezas. As impresoras 3D consisten nunha serie de sistemas que permiten a creación de estruturas en 3 dimensións a partir de técnicas de inxección e moldeo. Polo demais, funcionan coa mesma lóxica que as impresoras de tinta dos ordenadores. Desde un ordenador ou dispositivo móbil indícaselle ó equipo o que ten que imprimir.

As primeiras impresoras 3D para alimentos xa están no mercado. A tecnoloxía de momento está nunha fase inicial e os seus resultados son limitados, pero os expertos pronostican un rápido desenvolvemento e abaratamento dos seus custos. “Hai pouco máis de 20 anos, nunhas xornadas nas que pretendiamos evidenciar o futuro das ensaladas preparadas, hixienizadas e envasadas en film, os comentarios irónicos e a incredulidade era xeneralizadas entre a audiencia. Sobra dicir que hoxe en día estes produtos son unha realidade”, compara José García, do centro tecnolóxico Ainia, de Valencia, especializado en servizos ó sector agroalimentario.

Impresora 3D de alimentos de Natural Machines.

Impresora 3D de alimentos de Natural Machines.

Experiencias no mercado
Desde Ainia consideran que o mesmo futuro poderían ter as impresoras 3D de alimentos. As primeiras experiencias, como impresoras para chocolate, xa están á venda. A tecnoloxía permite que o consumidor personalice os seus propios deseños, interactuando cunha galería de gráficos 3D mediante a súa tablet.

Máis ambicioso é o proxecto dunha empresa catalá, Natural Machines, que habilitou un sistema de cápsulas abertas no que o consumidor pode introducir os seus propios ingredientes frescos, tales como masas de trigo ou doces, carne picada ou pasta, e darlles a forma que decida.

“Imaxinemos o caso dun país que se alimente a base de arroz, pero con carencias de vitaminas. As impresoras 3D poderían solucionalo” (José García, Ainia)

De cara ó futuro, agárdase un desenvolvemento tecnolóxico que permita que as impresoras 3D se combinen cun robot de cociña para ofrecer o produto impreso e cociñado, listo para o seu consumo. “A dispoñibilidade de ingredientes e programas de recetas medrará a medida que aumente o mercado. É de esperar que grandes empresas ofrezan ingredientes baixo o formato de cápsulas, cartuchos ou sistemas alternativos”, valora José García, director da Unidade Estratéxica de Negocio de I+D+i de Ainia.

Crecemento demográfico
O experto entende que as impresoras 3D de alimentos tamén poden xogar un papel no futuro no marco dos desafíos demográficos e medioambientais do planeta.

Impresión de peixe con patacas.

Impresión de peixe con patacas.

“Imaxinemos o caso dun país no que a base da súa alimentación sexa o arroz, pero que ten na súa dieta unha aportación limitada dalgunhas vitáminas e aminoácidos esenciais. Os sistemas de impresión 3D permitirían elaborar pratos equilibrados con texturas e sabores aceptables, facendo uso de materias primas locais e cubrindo as carencias mediante a incorporación de minerais, vitaminas ou proteínas de diferentes procedencias, que se poderían adquirir en pequenos lotes de ingredientes”.

José García lembra que a auga é o contido de ata o 70% dos alimentos que se transportan no mundo, un volume que se reduciría nas cápsulas de ingredientes. “Para esas cápsulas, poderíanse aproveitar ademais fontes inusuais de proteínas, como as algas ou os insectos”, valora. “Os cambios que viviremos -pronostica-, non poden entenderse desde a nosa actual concepción da sociedade nin desde o xeito no que vivimos hoxe en día”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información