Galicia, líder en sancións por incumprimentos na cadea alimentaria

A comunidade acumula un 31% das denuncias contabilizadas pola Agencia de Información y Control Alimentario (Aica) e un 22% das multas propostas. O sector lácteo é o que acumula máis denuncias

Galicia, líder en sancións por incumprimentos na cadea alimentaria

A Aica controla as operacións de compra venda ó longo de toda a cadea. / Arquivo.

As relacións comerciais da cadea agroalimentaria entre agricultores, gandeiros, fabricantes e cadeas de distribución están desde setembro do 2014 baixo lupa. Foi entón cando comezou a funcionar a Agencia de Información y Control Alimentario (Aica), que se encarga de velar para que todas as operacións de compra venda cumpran coa Ley de la Cadena Alimentaria. Desde a súa posta en marcha ata decembro pasado, a Agencia impuxo 294 multas, un 22% delas en Galicia (65) e fixo 1.207 inspeccións.

Galicia é lider a nivel estatal en denuncias presentadas ante a Aica, co 31% do total, e tamén en sancións, co 22%. As 65 sancións impostas en Galicia derivan de só 8 expedientes sancionadores, cada un deles resolto con multitude de multas por acumulación de infraccións.

As causas máis frecuentes de sanción pola Aica, dependente do Ministerio de Agricultura, son por non respetar os prazos de pago, por non enviar a información requerida pola axencia ou por ausencia de contratos de compra-venda.

taboa aica

Leite e viño
Das inspeccións realizadas en Galicia, un total de 67, a maioría corresponderon ó sector lácteo (44), seguido do vinícola (10). No 2015, a Aica iniciou un programa de control de oficio sobre os contratos no sector vitivinícola. Houbo en toda España 31 inspeccións en adegas e solicitóuselles documentación a 425 viticultores.

En liñas xerais, a distribución maiorista é o eslabón da cadea alimentaria que concentra máis incumprimentos da lei, en tanto que o sector de froitas e hortalizas contabiliza o maior número de expedientes sancionadores, aínda que o sector lácteo é o que acumula máis denuncias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información