Gadisa segue utilizando o leite como produto reclamo

A rede de establecementos Cash-Ifa, pertencente a Gadisa, oferta leite Camponuestro a 0,51 €

Gadisa segue utilizando o leite como produto reclamo

Oferta de Cash-IFA

A rede de establecementos Cash-Ifa, pertencente ao grupo empresarial galego Gadisa, segue ofertando o leite como produto reclamo. En concreto, no seu folleto informativo de ofertas do 16 ao 29 de setembro, oferta leite Camponuestro a 0,51 €.

Incúmprese desta forma o compromiso expresado verbalmente polo propio presidente de Gadisa, Roberto Tojeiro, o pasado xoves, día 17. Ante a ameaza dos gandeiros de bloquear o seu centro loxístico en Betanzos, Tojeiro comprometeuse de palabra a deixar de utilizar o leite como produto reclamo.

“Onte mesmo dei orde de subir o leite nos supermercados ata 59 céntimos. Tratamos sempre de poñer o prezo máis baixo posible para o consumidor, pero en circunstancias excepcionais como esta, estamos dispostos a colaborar cos gandeiros”, asegurou entón.

Gadisa é unha cadea galega de distribución que se distinguiu nos últimos meses por promocións que situaban o brik de leite en ata 50 céntimos. Desde a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego veñen reclamando que o prezo do leite para o cliente non debería baixar de 65 céntimos, para que o gandeiro, e o resto dos elos da cadea, reciban un prezo sustentable.

Neste sentido, o presidente da Unión de Consumidores de Galicia , Miguel López, subliñaba recentemente nunha entrevista en Campo Galego, a importancia dunha colaboración entre gandeiros e asociacións de consumidores para promover unha compra responsable de produtos lácteos.

2 ideas sobre “Gadisa segue utilizando o leite como produto reclamo

  1. carlos

    Hola,trabajo en leche celta,y hara dos años aproximadamente que leche celta no envasa la marca Camponuestro,esa leche la fabricaba leche rio, que es la que va con la caja entera de carton.la que hacian en leche celta llevaba una bandeja pequeña y plastico

    Contestar
  2. Gadis

    Bos días, os Cash son maioristas, exclusivos para profesionais que teñen que vender o produto. Os pvp son sen IVE e os folletos están impresos e distribuidos dende o 10 de setembro. Un saúdo.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información