Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces

Publicidade
Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces

O vindeiro domingo, 27 de maio, celebrarase a Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces, que este ano chega ao seu vinte e cinco aniversario. Os asistentes a esta xornada poderán gozar cos actos programados para a ocasión e degustar o exquisito “galo de curral”, criado ao xeito tradicional e preparado en distintas receitas nos establecementos hostaleiros da localidade pontevedresa.

Os festexos comezarán ás 10.30 horas con os pasarúas dos grupos “O Arco de Merza” e “Banda de Gaitas de Piloño”. Ás 11.00 horas dará inicio a exposición de tractores clásicos e ás 12.00 horas os asistentes poderán gozar coa actuación da formación “Os Coribantes”.

Ás 13.00 horas o famoso presentador Carlos Lozano realizará a lectura do pregón e ás 13.30 a cantante Merche actuará para os presentes. Ao termo da citada actuación, veciños e visitantes poderán degustar nos establecementos hostaleiros da localidade o exquisito “galo de curral”.

Pola tarde, ás 17.30 horas, celebrarase o XXV Festival de Bandas de Galicia, que contará coa participación de:

-Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla
-Banda de Música Municipal de Silleda
-Banda Artística de Merza (coa Coral Polifónica de Piloño e o grupo de baile Máis Que Danza)

Noite do Galo:

Previamente, a noite do sábado 26 de maio celebrarase a “Noite do Galo”, a partir das 21:00 horas no auditorio municipal Xosé Casal. Nesta gala a Unión Musical Ponteledesma, acompañada por Steven e Misa Mead, solistas internacionais de bombardino, presentarán o pasodobre “Balbino”, dedicado a Xosé Neira Vilas.

E a partir das 23:30 horas na Praza do Concello actuarán a “Banda de Nash” e o grupo “La Comunidad”.

Máis información
Tfno. Concello: 986 582 017 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información