A Festa da Troita de Oroso prevé recibir milleiros de visitantes este fin de semana

A Festa da Troita de Oroso prevé recibir milleiros de visitantes este fin de semana

O concello coruñés de Oroso celebra este fin de semana a Festa da Troita, un dos eventos gastronómicos máis consolidados de Galicia que este ano chega á súa edición número vintetrés. Máis de 30.000 visitantes prevese que enchan as rúas do concello neste evento que foi declarado no 2009 Festa de Interese Turístico Galego.

Programa da XXIII Festa da Troita de Oroso:

VENRES 10 de MAIO                     

  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
    – Orquestra Panorama
    – Orquestra Ibiza
    Lugar: Alameda de Góis

SÁBADO 12 de MAIO            

  • 09:00 a 13:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as
  • 10:00 a 13:00 horas: Obradoiros infantís
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 12:00 horas: Inauguración exposición “Son de Campo Mulleres Rurais e Comercio Local e Postos de Artesanía”.
    Lugar: Arredores Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 12:00 horas: Charanga os Atrevidos.
  • 16:00 a 20:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as.
  • 18:00 horas: Asoc. Folklórica Lembranzas do Tambre.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 19:30 horas: Asoc. Cultura Néboas do Cumio.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO.
    – Orquestra Olympus
    – Orquestra Finisterre
    Lugar: Alameda de Góis

DOMINGO 12 de MAIO                

  • 09:30 a 13:30 horas: Campionato de Pesca Infantil.
  • 10:30 horas: Pasacalles.
    – Charanga Os Celtas
  • 11:30 a 13:30 horas: Mago Romarís “Ilusións ópticas”.
    Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo
  • 12:00: Banda de Música de Arca
    Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo
  • 12:30: Barafunda animación de rúa Troita e pescadores
  • 13:00: Pasacalle e baile.
    Actuación: A.F. Buxos Verdes
    Lugar: Alameda de Góis e arredores
  • 13:30 horas: Pregón Popular a cargo de Antonio López Díaz, reitor magnífico da USC.
    Entrega de premios e trofeos do Campionato de Pesca.
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 14:15 horas: Sesión Vermú:
    – Orquestra Principal
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 14:30 horas: Degustación
    Lugar: Carpa da Alameda de Góis.
  • 19:30 horas: Verbena:
    – Orquestra Principal
    – Orquestra Gran Parada
    Lugar: Alameda de Góis.

En caso de mal tempo as programacións da Praza Isaac Díaz Pardo trasladaranse ao Centro Cultural.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información