Festa da Pisa da Castaña este sábado no Courel

Publicidade
Festa da Pisa da Castaña este sábado no Courel

Festa da pisa de Froxán .

Este sábado, 9 de decembro, celébrase a XIX Festa da Pisa da Castaña do Courel. Será na aldea de Froxán, no concello de Folgoso do Courel, onde se desenvolva esta tradicional pisa que cada ano atrae a centos de visitantes.

Programa:

11:00. Acendido do sequeiro e mostra do funcionamento
12:30. Demostración do pisado e abandoxado

13:30. Pregón a cargo do actor Federico Pérez

14:00. Presentación do libro “O Paso no tempo”, de Urbano Arza

14:15. Degustación do Menú do pisador (Prezo 10 Euros)

16:00. Pisa e abandoxado onde poderá participar o público

Durante a xornada haberá música tradicional e baile, así como venda de artesanía e de produtos da zona. Tamén haberá carpas e servizo de pulpería e churrasco.

A Festa da Pisa da Castaña do Courel está organizada pola Asociación Fonte do Milagro, coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel.

Máis información nesta ligazón.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información