Expertos analizarán este luns en Santiago as vantaxes e problemas do consumo de carne

A Xornada "Os pecados da carne? vantaxes e problemas da dieta cárnica” terá lugar este luns ás 17:00 horas no Consello da Cultura Galega.

Publicidade
Expertos analizarán este luns en Santiago as vantaxes e problemas do consumo de carne

O comunicado da oficina de prensa do Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro do pasado 26 de outubro, difundido pola Organización Mundial da Saúde, xerou preocupación e desconfianza entre a poboación galega sobre a tradicional dieta cárnica.

Nesta cuestión mestúranse problemas derivados de como se divulga polos medios de masas e chega ao gran público unha nova científica e de como deben interpretarse determinados datos e conclusións que afectan a tradicións moi arraigadas nos costumes do país. Problemas todos que atinxen o mundo da cultura científica e da cultura alimentaria.

A Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, consciente da transcendencia e importancia que estas cuestións poden chegar a ter en relación coa poboación galega e, mesmo, con determinados sectores económicos, organiza unha xornada informativa e de debate para tentar clarexar, ata onde sexa posible, os auténticos límites do problema.

Coa coordinación de Ángel Carracedo e Rafael Tojo, neste encontro participarán Antonio Martínez Ron, xornalista científico; Alberte Ruano Raviña, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC; Rafael López López, xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUS e  de Rosaura Leis Trabazo, xefa da Unidade de Alimentación de Pediatría do CHUS.

Nesta ligazón pode facer a súa solicitude de inscrición.

A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado -100 persoas- e cubrirase por orde de inscrición.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información